Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Plexus é unha compañía TIC especializada na prestación de servizos de alto valor engadido no eido das telecomunicacións, o desenvolvemento de aplicacións, os sistemas de información e a provisión de infraestrutura informática.

Rúa Isidro Parga Pondal 2, local 4-baixo, Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 981534136

[{"razon_social":"Tecnolog\u00edas Plexus SL","enderezo_social":"R\u00faa Isidro Parga Pondal 2, local 4-baixo","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"981534136","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"Plexus"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

Quenda

Quenda constitúe unha innovadora solución que apoia ou mesmo substitúe ao persoal dos servizos de obtención de cita, recepción, asignación de quendas de atención e acceso dos usuarios aos servizos que precisan. Trátase dunha solución que permite organizar a espera dos usuarios que acceden a determinados servizos, minimizando o impacto das colas e optimizando os recursos de atención ao público dispoñibles por unha entidade. O seu sistema modular permite personalizar a plataforma en función das necesidades do cliente, obtendo así un sistema versátil, eficiente e sinxelo, o que converte a Quenda nunha solución adaptada ás características de diferentes entidades de sectores diversos.

Quenda Medic

Quenda Medic constitúe unha innovadora solución de xestión de quendas especialmente adaptada ás necesidades específicas dos centros sanitarios. Ademais de dispor de perfís adaptados para este ámbito (médico, enfermaría, supervisor?), permite a identificación do paciente a través da súa tarxeta sanitaria e a integración cos sistemas de información hospitalaria (HIS) mediante o protocolo HL7, o que se traduce na posibilidade de consulta de historias clínicas, entre outras funcionalidades. Facilita, así mesmo, recompilar información sobre o transcurso da consulta e a súa posterior transferencia ao HIS utilizando o estándar citado, o que resulta de gran interese para os centros sanitarios e confírelle un gran valor engadido respecto de produtos similares existentes no mercado. Trátase, ademais, dun sistema multicentro.

webPYME

Web corporativa por módulos que se caracteriza polo seu baixo custe e a súa adaptabilidade ás necesidades de cada negocio. Vai dirixida a todas aquelas PEMES que desexan estar presentes en Internet sen que iso supoña un gran desembolso económico.

eFIDELIZACIÓN

Sistema de xestión de tarxetas electrónicas de acumulación de puntos, tarxetas prepago e tarxetas regalo que inclúe o software de xestión do sistema e a web informativa e de xestión das contas de puntos.

Anblick

Anblick representa unha avanzada solución de Dixital Sinage multiplataforma, que permite o emprego de calquera tipo de pantalla ou display e a reprodución de múltiples contidos (imaxes, vídeos, animacións...) de forma visual e impactante. Resulta ademais altamente escalable, está optimizada para o seu uso en pequenas redes ou a través de internet cun elevado número de players. Así mesmo, o seu interfaz web convértea nunha solución amigable e de uso sinxelo, facilmente persoalizable e que se adapta ás necesidades de calquera tipo de organización.