Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Organización con más de once años de experiencia en el ámbito de la consultoría organizativa y de gestión. Ofrecemos soluciones útiles y operativas de gestión empresarial, adaptadas a las necesidades de cada cliente, con la finalidad de aportar el máximo valor a su negocio. Trabajamos en tres áreas de negocio: Sistemas de Gestión (seguridad de la información conforme a UNE-ISO/IEC 27001-2007, Servicio TI conforme a UNE-ISO/IEC 20000-1, ISO 15554, ISO 139803,.....) Sostenibilidad y responsabilidad social corporativa Planificación y gestión empresarial

C/Cabañas 26 Bajo, A Coruña (A Coruña)
Tlfn: 881925997

[{"razon_social":"Tempo consultor\u00eda Estrat\u00e9gica S.L.","enderezo_social":"C\/Caba\u00f1as 26 Bajo","localidade":"A Coru\u00f1a","telefono":"881925997","latitud":"43.3439","longitud":"-8.39626","nome_entidade":"TEMPO CONSULTORES"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • A Coruña

Solución(s) TIC

CONSULTORÍA DE SEGURIDADE DA INFORMACIÓN

O obxectivo de TEMPO é converternos no departamento de seguridade e protección de datos dos nosos clientes, para conseguir que a implantación de sistemas de seguridade da información non sexa un proceso caro nin custoso, e permita á empresa asegurar non só o cumprimento legal senón tamén transmitir confianza e seguridade a clientes, provedores, colaboradores e outras partes interesadas. Desde TEMPO ofrecemos os seguintes servizos ligados á xestión da seguridade da información: -Adecuación da empresa aos requisitos da Lei Orgánica de Protección de Datos 15/1999 (LOPD) e lexislación complementaria na materia. -Adecuación da empresa aos requisitos da Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, de 11 de Xullo de 2002 (LSSICE), e lexislación complementaria na materia. -Implantación de sistemas de seguridade da información segundo o estándar UNE-ISO/IEC 27001-2007. -Auditoría e mantemento do sistema de xestión de seguridade da información. -Externalización (Outsourcing) do departamento de sistemas de xestión de seguridade da información

CONSULTORÍA DE XESTION DO SERVIZO TI

A TI (tecnoloxía da información) é imprescindible nas empresas de hoxe en día. Con todo, as preocupacións ao redor dos servizos de TI tanto internos como subcontratados crecen debido a que estes servizos non se axustan ás necesidades de empresas e clientes. Unha solución recoñecida a este problema é utilizar un sistema de xestión de servizos de TI (SGSTI) baseado en ISO/IEC 20000, a norma internacional para xestión de servizos de TI. A certificación para esta norma permite demostrar dunha forma independente aos clientes que a entidade cumpre coas mellores prácticas. Ante todo, a certificación ISO/IEC 20000 demostra que unha organización dispón de controis e procedementos adecuados para prestar coherentemente un servizo de TI de calidade e rendible. ISO/IEC 20000 é aplicable a calquera organización, grande ou pequena, de calquera sector ou parte do mundo, que se basee en servizos de TI. A norma é especialmente apropiada para provedores internos de servizos de TI, como os departamentos de Ti, e para provedores externos destes servizos, como as organizacións de subcontratación de TI. Desde TEMPO ofrecemos os seguintes servizos ligados á xestión do servizo de tecnoloxías da información: -Implantación de sistemas de xestión do servizo de Tecnoloxías da Información segundo a norma UNE-ISO/IEC 200001-2007. -Auditoría e mantemento do sistema de xestión do servizo de Tecnoloxías da Información. -Externalización (Outsourcing) do departamento de sistemas de xestión do servizo de Tecnoloxías da Información