Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Acio IT Consulting é unha consultora especializada no asesoramento a clientes institucionais e privados no segmento tecnolóxico e estratéxico, formada por profesionais con contrastada experiencia nas áreas de actividade da empresa. Acio IT Consulting desenvolve parte da súa actividade no ámbito TIC. Tanto a nivel nacional como a nivel galego, e a través dos seus partners, é coñecida pola súa participación en proxectos tecnolóxicos, en proxectos de implantación da Administración Electrónica e desenvolvemento e implantación de Redes Sociais Temáticas e Profesionais, en proxectos de clusters empresariais, no deseño de plans sectoriais de competitividade, de políticas de desenvolvemento económico e industrial, así como nos estudios sobre sistemas rexionais de innovación e os programas de fomento da I+D+i.

Rua Nova, nº 19, CC Pazo da Maza, entlo, oficina nº 5, Lugo (Lugo)
Tlfn: 982984899

[{"razon_social":"Rua Nova, n\u00ba 19, CC Pazo da Maza, entlo, oficina n\u00ba 5. 27001 Lugo","enderezo_social":"Rua Nova, n\u00ba 19, CC Pazo da Maza, entlo, oficina n\u00ba 5","localidade":"Lugo","telefono":"982984899","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"Acio IT Consulting s.l."}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Lugo

Solución(s) TIC

FRAMEWORK DYANGO

O obxectivo do proxecto está na implantación e difusión dunha Rede Social Temática e Profesional. Intervir nunha rede social deste tipo comeza por atopar nela outros con quen compartir os seus intereses, preocupacións ou necesidades, por tanto esta ferramenta da Web 2.0 pretende facilitar a interacción e comunicación entre interesados na mesma área e demais axentes relacionados, de modo que eles mesmos planten dúbidas e atopen respostas, ademais de axudar a outros na súa mesma situación a partir da experiencia propia. As Redes Sociais son ferramentas tecnolóxicas web de interacción social, definidas como un intercambio dinámico entre persoas, grupos e institucións en contextos de complexidade. Un sistema aberto e en construción permanente que involucra a conxuntos que se identifican nas mesmas necesidades e problemáticas e que se organizan para potenciar os seus recursos; tratase non só de ser de consumidor de recursos, senón tamén de ser xerador dos mesmos.