Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Bahía Software nació en 1.999 como consultora tecnológica especializada en el sector sanitario. La apuesta realizada por la innovación y la inversión en capital humano, han hecho posible la evolución de la empresa, ampliando y diversificando los servicios prestados y abriéndose a nuevos sectores de actividad: administraciones públicas, empresas privadas de ámbito industrial, de seguridad, organizaciones culturales,... Concebimos la tecnología como el factor clave para la mejora de la productividad de las organizaciones.

Rúa Monte dos Postes, 12, Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 981555315

[{"razon_social":"BAH\u00cdA SOFTWARE S.L.U.","enderezo_social":"R\u00faa Monte dos Postes, 12","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"981555315","latitud":"0","longitud":"0","nome_entidade":"BAH\u00cdA SOFTWARE"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

Desenvolvemento de solucións móbiles

En BAHÍA SOFTWARE desenvolvemos tecnoloxías para a mobilidade, facendo conscientes ás organizacións de que adoptar estratexias que teñen en conta a mobilidade, permite diferenciarse e gañar competitividade.

  • Xeramos contornas flexibles, axeitadas e de utilidade, que buscan romper as barreiras tecnolóxicas e xeográficas dos usuarios
  • Facilitamos a interoperabilidade de sistemas e aplicacións en entornos tan diversos como os CRM ou as Smart Cities
  • Axeitamos a tecnoloxía ás necesidades das organizaciones e dos usuarios
  • Melloramos a capacitación dos usuarios e facilitamos a realización de trámites.

Os sistemas de información dunha empresa ou administración pública comprenden un ámbito moito máis amplo que as súas instalacións. Facelas accesibéis e funcionais en todo momento e lugar, é o reto actual para mellorar en productividade e competitividade.

Pensar en clave de mobilidade, é contemplar que, traballadores, provedores ou clientes dunha organización poden acceder aos seus servizos independientemente da súa ubicación.

Desenvolvemento de sistemas de información corporativos

Cada organización ten unhas necesidades de información específicas, que deben ser analizadas, e para as que é necesario desenvolver sistemas de información corporativos únicos. O éxito actual dunha organización está en axilizar os procesos, polo que compartir e xestionar a información de xeito adecuado é básico para iso.

En BAHÍA SOFTWARE desenvolvemos e implantamos sistemas de información corporativos que teñen en cuenta as necesidades de xestión e tratamento da información, así como as condicións de uso ás que estarán sometidos:

  • Información accesible
  • Alta dispoñibilidade en entornos críticos con niveis de exigencia 24x7
  • Información estructurada e presentada dun xeito claro e adecuado ás necesidades de cada tipo de usuario
  • Flexibilidade para alcanzar unha adaptación completa ás necesidades da Organización
  • Garantías de seguridade e confidencialidad
  • Entornos amigables e usables, para que a experiencia de usuario sexa satisfactoria

Business Intelligence

A análise de datos aporta coñecemento ás organizacións, responde a preguntas estratéxicas e permite anticiparse aos cambios, minimizar riscos e tomar decisións axeitasdas.

En BAHÍA SOFTWARE dispoñemos de experiencia en contornas en tempo real, con gran volume de datos heteroxéneos, coma a sanitaria, a educativa, a da xustiza, a do emprego ou a do medio rural. O nosa experiencia e coñecemento destes ámbitos permítenos aportar valor na optimización de procesos de adquisición, análisis e visualización de información.

Firma Electrónica

En BAHÍA SOFTWARE dispoñemos de gran experiencia no desenvolvemento de sistemas de información que empregan a firma electrónica para garantir a autenticidade dos documentos xerados e a seguridade nos acceso á información.

Trazabilidade

implantación de soluciones RFDI (Radio Frequency Identification) que melloran os procesos de producción, minimizando o risco de erros e aportando garantías no tocante á calidad, trazabilidade e seguridade dos procesos