Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Desenvolvemento de app no eido da xestión turística e cultural. Produtores de material tecnolóxico audiovisual para prestar información a visitantes: audioguías, videoguías, aplicacións para smpartphones e tablets. Deseño de solucións integrais de información e xestión a visitantes dun espazo turístico ou cultural.

r/ Faisán 1, 36205 (Pontevedra)
Tlfn: 902107028

[{"razon_social":"dhuman consultores, S.L.U.","enderezo_social":"r\/ Fais\u00e1n 1","localidade":"36205","telefono":"902107028","latitud":"42.2293","longitud":"-8.70853","nome_entidade":"Own the way"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • 36205

Solución(s) TIC

OTW360

As formas de comunicar e interactuar entre un xestor turístico ou cultural cos visitantes dun espazo implican unha esixencia crecente: tecnoloxías móbiles, idiomas, contidos multimedia, redes sociais, interactividade, actualización constante, creación dun vínculo co espazo... Como resposta a estes retos, owntheway, empresa especializada na creación de material tecnolóxico-audiovisual, creou a ferramenta OTW360.

Baseada nos sistemas operativos Android e iOS, OTW360 proporciona un soporte para a labor de difusión e información aos visitantes mediante a integración nun mesmo sistema de funcionalidades de comunicación e de xestión. Funcionalidades:

  • Realidade aumentada
  • Accesibilidade
  • Interactividade e mensaxería
  • Xeoposicionamento
  • Eventos
  • Conexión con redes sociais

Características:

  • Soporte móbil: Android, iPhone, iPad
  • Versións para smartphone e tablet
  • Adaptabilidade a varios formatos de pantalla
  • Contidos multimedia xeorreferenciados: audio, vídeos, imaxes
  • Infografías 3D, textos...
  • Visualización sobre plano ou Realidade Aumentada con Layar
  • Opcións de accesibilidade mediante signoguías e subtítulos
  • Integración con redes sociais:
  • Facebook e Twitter
  • Envío de fotos e comentarios
  • Valoración de puntos de interese
  • Comunicación entre usuarios a través de mensaxería interna
  • Servizo de soporte en tempo real: Chamada telefónica, Voz sobre IP, Chat, Mensaxería interna
  • Plataforma web de xestión, para dotar á aplicación de flexibilidade e facer posible a súa xestión, OTW360 proporciona un panel de xestión en web mediante o que se realiza a atención aos usuarios en tempo real, a xestión dos contidos, a publicación de eventos, a administración dos idiomas... e que permite obter información por medio dun cadro de mando con diferentes indicadores clave sobre o uso da aplicación.