Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Diseños Electrónicos e Informáticos, Prodimar, S. L. é unha empresa que fundamenta a súa actividade no desenvolvemento de solucións electrónicas e informáticas chave en man, dirixidas principalmente ao sector industrial e de servizos, abarcando todo tipo de actividades (téxtil, metalúrxica, alimentaria, seguridade, servizos portuarios,etc.). Para poñer en marcha este tipo de solucións é necesario integrar nun mesmo proxecto deseños de equipos electrónicos a medida, desenvolvemento de aplicacións informáticas de xestión, comunicacións e/ou control, e integración de equipos estándar (terminais industriais, escáneres de códigos de barras, impresoras de diferentes tipos, etc.). En Prodimar continuamos traballando e investigando para ofrecer a os nosos clientes os produtos máis innovadores e punteiros que se adapten ás súas necesidades. Traballamos para empresas en sectores moi variados, tales como o téxtil, metalúrxico, alimentario, madeireiro, servizos portuarios, loxística e distribución ou o transporte, entre outros. En todos eles ofrecemos servizos de consultoría á medida xunto cunha ampla gama de produtos.

Rúa Enrique Mariñas Romero, 36. Planta 2ª. Local 6-7, A CORUÑA (A Coruña)
Tlfn: 981276300

[{"razon_social":"DISE\u00d1OS ELECTR\u00d3NICOS E INFORM\u00c1TICOS PRODIMAR, S.L.","enderezo_social":"R\u00faa Enrique Mari\u00f1as Romero, 36. Planta 2\u00aa. Local 6-7","localidade":"A CORU\u00d1A","telefono":"981276300","latitud":"43.3391","longitud":"8.40403","nome_entidade":"PRODIMAR"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • A CORUÑA

Solución(s) TIC

Torreta electrónica de prepago PRISM-S3 para subministro de auga e electricidade a embarcacións en portos deportivos

Producto de subministro automatizado de auga e electricidade con control electrónico de prepago a barcos, a nivel tanto nacional como internacional.

Este producto consiste nun terminal electrónico de subministro de auga e electricidade para portos deportivos que, por un lado, cumpre meticulosamente toda a normativa vixente (incluídas as recentes normativas de seguridade da Unión Europea en canto a estanqueidade, dimensións, illamento eléctrico, etc.) e, por outro, facilita a tarefa de subministro eléctrico de auga ao usuario, ao tempo que permite ao xestor de portos rendibilizar a inversión, xa que o cliente paga polo que consume, eliminando así o consumo non facturable asociado ao sistema de taxas de todo incluído. Ademáis, con este tipo de operativa, o cliente consumirá o que necesite, evitándose o despilfarro de auga e electricidade, o que leva consigo un evidente beneficio para o medio ambiente.

Os nosos terminais permitirán ao explotador do porto ou club náutico realizar o cobro dos servizos antes ou despois da prestación do subministro (prepago/postpago).

Terminais mans libres TIM e MiniTIM

Os terminais «mans libres» chamados TIM e MiniTIM son lectores de códigos de barras con escáneres de 2 dimensións, comunicación Bluetooth e batería de longa duración. Os equipos utilízanse sobre todo como loxística e de transporte e no sector textil, pero tamén é aplicable á lectura de entradas con códigos de barras e extensible a calquera tipo de tenda na que se realice unha lectura de códigos de barras dos produtos. Entre as principais vantaxes encóntrase a súa lixeireza, a ausencia de cableado, o concepto ?mans libres? (que permite ao usuario moverse con total liberdade por distintas zonas e ter sempre as dúas man libre para realizar as lecturas de códigos de barras) e o seu perfil altamente innovador. Os equipos utilízanse sobre todo en sectores como a loxística e o transporte (para facer inventarios, picking, preparación de pedidos guiados por voz, etc.) e no sector téxtil (inventario de prendas, etiquetaxe, reetiquetaxe en épocas de rebaixas, etc.). Tamén é aplicable á lectura de entradas con códigos de barras e extensible a calquera tipo de tenda na que se realice unha lectura de códigos de barras dos produtos.

TAID

DISPOSITIVO ACTIVO PARA A RECOLLIDA, ALMACENAMENTO E COMUNICACIÓN DE VARIABLES. O TAID é un dispositivo activo cun grado IP68 que opera a través dunha banda de radiofrecuencia ISM, cun grande alcance de operatividade e batería interna que garante unha longa vida útil do dispositivo. O tamaño e forma do TAID pode variar en función dos periféricos que conteña: sensor de temperatura, sensor de luz, memoria interna, LED, etc. TAID ten unha dobre funcionalidade: - En modo on line permite realizar inventarios en tempo real, identificación remota, detección de furtos, pick to light, etc. - En modo off line pode funcionar como un datalogger: captura e rexistro de datos de distintas variables, rutas e itinerarios, etc. A comunicación e descarga de datos almacenados realízase por radio, mediante un dos Access Points dispoñibles (pasarelas de radio ISM Wifi, Bluetooth, USB ou Ethernet). Especificacións técnicas: - Tamaño: 71 mm de longo x 28 mm de alto x 15 mm de ancho. - Peso: 45 gr. - Alimentación (segundo configuración): Batería interna de Litio, desde 610 mAh. - Autonomía:máximo de aproximadamente 10 anos, en función do uso e dos periféricos. - Comunicación: o TAID comunícase cun Access Point a través da banda ISM de 868 Mhz en Europa. - Distancia de lectura: entre 100 e 300 metros (pódense acadar distancias maiores segundo modulación a costa de diminuír a velocidade de transmisión). - Grado de protección: ata IP68, segundo encapsulados. Compoñentes: - Transceptor de radio en banda ISM. - Batería de litio de 3V/610 mAh. - Microprocesador de ultra baixo consumo. - Periferia adaptable, segundo necesidades. - Reloxo en tempo real. - Detección de portadora HF. Periféricos integrados: - Sensor de temperatura (precisións dende ±0,5ºC ata ±0,06ºC). - A = Sensor de aceleración (acelerómetro 3D). - L = Sensor de luminosidade. - P = LEDS indicativos de estado / Pick2Light. - M = Memoria de rexistro. - R = Inlay RFID pasivo. Periféricos complementarios con redeseño: G = Receptor de GPS. H = Sensor de humidade. V = Sensor volumétrico.