Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Desarrollo de software empresarial

C/ Andrés Pan Vieiro, 26-28, O Burgo - Culleredo (A Coruña)
Tlfn: 981661018

[{"razon_social":"Ceinga Software, S.L.","enderezo_social":"C\/ Andr\u00e9s Pan Vieiro, 26-28","localidade":"O Burgo - Culleredo","telefono":"981661018","latitud":"0","longitud":"0","nome_entidade":"Ceinga Software"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • O Burgo - Culleredo

Solución(s) TIC

i-Promotor

Aplicación para a xestión de promotores de vendas de Fabricantes, Almacenistas, Adegas, etc. sobre iPod Touch, iPhone e iPad.

Esta aplicación está dirixida a empresas principalmente do sector de Alimentación e Bebidas que realicen a súa comercialización de produtos a través de Distribuidores e/ó Revendedores.

Xestiona datos de Distribuidores, Rutas nos Distribuidores, Clientes (puntos de venda), Tarifas, Anotacións Comerciais, Estatísticas de Consumos con gráficas evolutivas e comparativas, etc.

Dispón dun módulo cliente (i-Promotor Cliente) que é o aplicativo que vai cargado nos dispositivos móbiles iPod Touch, iPhone e/ó iPad a través de cal o promotor de vendas realiza o seu traballo.

Dispón dun módulo servidor (i-Promotor Server) que vai instalado nun servidor local ou remoto e que se encarga de sincronizar os datos entre o ERP da empresa, os ERP dos Distribuidores e os dispositivos móbiles iPod Touch, iPhone e iPad dos promotores de vendas.

A sincronización de datos entre os ERP´s da empresa e Distribuidores realízase a través de Internet (banda ancha) cando i-Promotor Server está instalado nun servidor remoto, e a través da rede local cando i-Promotor Server está instalado dentro da empresa.  

Os dispositivos móbiles sincronizan os seus datos a través de WiFi (iPod Touch, iPhone e iPad) e de Internet 3G (iPhone e iPad).

iPreventa

Software para a xestión de vendas e cobros en mobilidade a través de dispositivos iPod Touch, iPhone ou iPad. Produto dirixido principalmente a automatizar a xestión do equipo de vendas de empresas de Alimentación e Bebidas (Distribuidores, Almacenistas, Fabricantes).

Intégrase de forma nativa co ERP Cx_Distribución de Ceinga Software, e pódese desenvolver a integración con calquera outro ERP. Principais funcións:

  • Xestión de rutas de con ordenación de clientes segundo horario, orde de visita, poboación, etc.
  • Captura de posición GPS do cliente
  • Función de guiado até o cliente a través de Google Maps
  • Optimización da orde de visita de múltiples clientes a través de Google Maps
  • Funcións de chamadas telefónicas, SMS, email, guiado GPS desde ficha de cliente
  • Captura de pedidos en base ao consumo do cliente ou a través de buscador de artigos
  • Consulta de stock ONLINE
  • Xestión de promocións e descontos
  • Alertas de cobros pendentes, cumprimento de horario, depósitos pendentes, incidencias, etc.
  • Buscador de artigos por múltiples criterios
  • Catálogo de produtos con fotografía por produto, PDF por familia, grupo de produto, etc.
  • Opción para anotacións comerciais en cada cliente
  • Xestión de incidencias
  • Xestión de avisos desde o central
  • Cadro de mando de clientes con gráficos e informes comparativos e evolutivos
  • Históricos de vendas por data, cliente, artigo, familia e grupo de produto
  • Funcións de consulta de depósitos, facturación anticipada, envases facturados, condicións comerciais, contratos de rappel ou anticipo, incidencias, anotacións comerciais, etc.
  • Informe de actividade con detalle de accións ou resumo de vendas
  • Xestión de cobros
  • Sincronización de datos completa ou diferencial