Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Cilenis é unha empresa de desenvolvemento de software especializada en tecnoloxía lingüística e tecnoloxía web e mobil. Dispoñemos de tres produtos: CilenisAPI, Linguakit e Avalingua. Realizamos tarefas de consultoría informática e desenvolvemento de web, web corporativa, aplicacións móbiles, servizos web e tecnoloxía lingüística.

Edificio Emprendia, Campus Vida, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 690115251

[{"razon_social":"Cilenis S.L.","enderezo_social":"Edificio Emprendia, Campus Vida, s\/n","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"690115251","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"Cilenis S.L."}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

Drupal

Drupal é un sistema de xestión de contido modular e moi configurable. Destaca pola calidade do seu código e das páxinas xeradas, o respecto polos estándares web e o especial énfase na usabilidade e consistencia de todo o sistema. Drupal permite crear dende blogues persoais ata aplicacións de empresa. Grazas a milleiros de módulos e deseños existentes é posible construír calquera sitio que poida imaxinar. Drupal é flexible, robusto e está sendo constantemente mellorado por centos de miles de apaixoados desenvolvedores de todo o mundo. Distribúese con licenza GPL

Wordpress

Wordpress é un sistema de xestión de contido incialmente enfocado á creación de blogues aínda que grazas aos innumerables complementos e extensións existentes pode considerarse un completo sistema de xestión de contidos. As causas do seu enorme crecemento son, entre outras, a súa licenza, a súa facilidade de uso e as súas características como xestor de contidos. Tamén unha das causas, é a súa enorme comunidade de desenvolvedores e deseñadores, que se encargan de crear plugins e themes para a comunidade. Distribúese con licenza GPL

CilenisAPI

CilenisAPI é unha solución tecnoloxía lingüística na nube. Dispón de diversos módulos de Procesamento da Linguaxe Natural como extractores de palabras chave, extractores de entidades, analizadores de sentimento, analizador sintático, analizador morfolóxico e máis. Intégrase de xeito moi sinxelo a través dunha API REST. CilenisAPI helps you to analyze and extract information of texts. Add language technology to your software in minutes using our cloud solution. We offer you technology based on years of research in Natural Language Processing in a very easy and scalable SaaS model trough a RESTful API.

Linguakit.com

Linguakit.com é un portal que reune ferramentas lingüísticas e de extracción textual para que toda persoa que posúa certo interese lingüístico, educativo ou profesional da escritura, poida explorar, analizar e obter unha mellor información dos textos e documentos escritos.

Ferramentas que ofrecemos Análise completa

Linguakit ofrece desde a súa primeira páxina unha mostra de todas as posibilidades que ten o usuario para traballar coa lingua.

Aquí podes coñecer o número de palabras e frases do texto, e a súa tipoloxía, un resumo do seu contido así como o sentimento dese resumo. Ademais, Linguakit facilítache as cinco palabras e multipalabras máis relevantes do texto, as entidades máis importantes que alí se mencionan, as palabras máis frecuentes e o contexto no que aparece a palabra chave escollida.

 

No entanto, para ampliar esta información só tes que facer clic na ferramenta desexada para ver a análise completa. E para outras ferramentas como o tradutor, o corrector, o etiquetador morfosintáctico e o analizador sintáctico, que non poden mostrar un resultado parcial, aparece o link que redirixe o texto a estes módulos para obter o resultado completo. Só tes que pulsar na icona correspondente e xa está!

 

Resumidor

Está claro que, dada a enorme cantidade de información que en moitos casos temos que manexar, necesitamos unha axuda que nos faga máis viable a tarefa de acceder á información principal que nos interesa. Tanto se se trata de traballar con fontes moi extensas ás que teriamos que dedicarlle o tempo de exame do que non dispomos, ou simplemente cando nos interesa atopar as ideas principais ou clave que alí se recollen.

O resumidor de Linguakit proporciona esa axuda. O seu sistema consta dos seguintes módulos: segmentación de oracións, análise morfosintáctico, extractor de palabras e multipalabras chave e ponderación de oracións. Con todo iso, disporemos, nun só clic, dun resumo que favorecerá, sen dúbida, a rápida selección da información que procuramos.

Dispoñible para inglés, español, portugués e galego

 

Corrector

Co noso corrector avanzado para portugués, galego, español e inglés, baseado en LanguageTool, un software de código aberto para máis de 20 linguas, poderás, sen perder un segundo, identificar os erros léxicos e gramaticais no texto que selecciones, coñecer a explicación didáctica dese erro e as posibles suxestións que se che ofrecen para a corrección.

As vantaxes desta ferramenta son claras: a detección e a análise automática dos erros do texto minimizan o tempo de corrección e a participación activa do usuario motivan unha aprendizaxe madura e autónoma.

 

Tradutor

Aínda que ningún tradutor pode substituír á tradución profesional feita polos humanos, non se pode negar que estes ofrecen unha inestimable axuda para descifrar o esencial dun texto, ou comprender unha frase; son útiles para navegar por internet, comunícannos e permiten que, dentro do mundo laboral, cheguemos a máis xente.

Pero, cal é o mellor tradutor? Linguakit simplifica a túa procura. O seu sistema, baseado fundamentalmente en tres plataformas de tradución: Apertium, Bing e Google, detecta, segundo o par de linguas que se traduzan, que plataforma ten mellor desempeño.

Traduce e comunícate sen problemas connosco.

 

Conxugador verbal

O conxugador verbal de Linguakit permite, dunha forma rápida e eficaz, conxugar calquera verbo en español, portugués e galego:

  • verbos aceptados pola súa correspondente Academia da Lingua,
  • verbos de dobre conxugación acostar (atendendo á diferenza de significado), verbos de recente creación wasapear
  • ou mesmo verbos inventados.

Para o caso do idioma portugués, o conxugador ofrece a opción de escoller entre as distintas variantes da lingua antes ou despois do seu Acordo Ortográfico de 1990.

Elixe o idioma, o infinitivo e dálle a Conxugar!

 

Frecuencia de palabras

Este analizador da frecuencia de palabras, outra das ferramentas de Linguakit, axúdanos a coñecer o estilo dos outros, pero tamén a coidar o propio.

Con este novo módulo descubrirás, nun clic, a frecuencia das palabras contidas nun texto atendendo á súa categoría gramatical (verbos, adverbios, nomes, adxectivos, entidades, léxico...). Proporciona tamén datos xenéricos como: o número de frases, de palabras, de lemas e de caracteres con e sen espazos en branco. Co analisador de frecuencias podes coñecer a variedade léxica do texto calculada como unha ratio do número de lemas entre o número de palabras.

Saberás máis da maneira como ti escribes ou como os outros escriben.

 

Palabras clave en contexto

Tamén denominado KWIC, é unha ferramenta que busca no texto seleccionado a palabra que nos interesa para automaticamente obter información do seu contexto. O seu contexto anterior e posterior, así como o número de veces que esta palabra aparece no texto darannos en poucos segundos unha aproximación da información que se está a tratar no documento.

Listo para buscar o contexto da túa palabra en inglés, español, portugués e galego.

 

Etiquetador morfosintáctico

O Freeling analyzer, que está detrás desta ferramenta, é un etiquetador de palabras, un lematizador que permite o recoñecemento da orixe de calquera palabra até chegar á súa forma primitiva, proporcionándonos información morfolóxica de cada lema: dun verbo conxugado daranos o seu infinitivo, dunha contracción indicaranos as partes das que consta, etc. Analiza, por tanto, un texto proporcionando a cada palabra unha etiqueta coas súas características morfolóxicas (nome, verbo, singular, masculino...). Esta ferramenta, ademais, traballa cun reconocedor de entidades que selecciona nomes de persoa, organismos ou localizacións como un só lema.

Próbao en inglés, español, portugués e galego.

 

Analizador sintáctico

Este sistema, que parte dunha primeira análise morfosintáctica das palabras do texto escollido, proporciónanos unha análise completa das relacións sintácticas entre os pares de palabras. Así, para cada par de palabras, accedemos á información sobre o nome dese tipo de relación sintáctica ou de dependencia, coñecemos que palabra é núcleo e cal é dependente dentro de cada par, a súa categoría gramatical e a súa posición na frase.

Esta interesante ferramenta permite a detección e recuperación de elementos que nos poidan resultar de interese nos textos que estudemos. Así, por exemplo, poderiamos saber como se adxectiva ou cualifica, ao longo dun texto, unha persoa, un obxecto ou unha marca.

Dispoñible para inglés, español, portugués e galego

 

Analizador de sentimento

O analizador de sentimiento ou analizador de opinión é outra das nosas ferramentas do kit lingüístico. Na actualidade, é unha das máis demandadas para a análise de gran número de documentos relacionados, por exemplo, coas redes sociais. A enorme influencia que poden ter as opinións en futuros usuarios con respecto a unha marca, un produto ou unha empresa, ou as opinións dun potencial votante respecto dun político fan que desexemos saber todo o que deles se di, xa sexa positivo, negativo ou neutro.

Dispoñible en inglés, español, portugués e galego.

 

Identificador de idioma

O identificador de idioma recoñece a lingua na que se escribe un texto grazas á utilización de modelos de linguaxe e de estruturas morfológicas. Distingue español, portugués, inglés, francés, catalán, euskera e galego, mesmo nas súas variantes RAG (Real Academia da Lingua Galega) e AGAL (Associaçom Galega da Língua).

Elixe un texto e proba.

 

Extractor de palabras clave

O extractor de palabras chave extrae as palabras máis importantes dun texto e clasifícaas segundo o seu grao de relevancia. É clave para a detección inmediata de tema, para a etiquetaxe automática e a clasificación documental. Con cada vez máis frecuencia atopámolo nos diarios dixitais para destacar con palabras de distinto tamaño os temas tratados, por exemplo, nun debate político.

Próbao en inglés, español, portugués e galego.

 

Extractor multipalabra

O extractor multipalabra amplía a procura do extractor de palabras clave a termos e temas que precisan de máis dunha palabra para expresarse e clasifícaas segundo o seu grao de cohesión interna, por exemplo: "As taxas hipotecarias", "prezos da vivenda", "guerra de prezos". A combinación de ambos os extractores ofrece un resultado máis potente. Tamén está dispoñible en inglés, español, portugués e galego.

 

Recoñecedor de entidades

O recoñecedor de entidades extrae dun texto as entidades, nomes propios e palabras ou datos numéricos relevantes, que clasifica como persoas, lugares, organizacións, organismos, datas, cantidades...

Mediante a combinación dunha análise morfosintáctica e algoritmos de aprendizaxe automática, este módulo ofrece o recoñecemento de entidades e a clasificación das mesmas.

Podes coñecer rapidamente as persoas, os lugares... que se mencionan no teu texto e podes facelo con textos en inglés, español, portugués e galego.