Acceder al contenido principal

Provedor TIC

O Cluster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro que se constituíu o 31 de xaneiro de 2008 para reunir as empresas, asociacións empresariais, colexios, asociacións profesionais e outros axentes do macrosector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) da Comunidade Autónoma de Galicia. Desde a súa posta en marcha, o Cluster traballa para poñer en valor o macrosector TIC galego, impulsando a colaboración entre as empresas, aproveitando a capacidade tractora das máis grandes e a axilidade e capacidade para a innovación das de menor tamaño. Plenamente comprometido coa sociedade galega, o Cluster propugna o cambio de modelo produtivo cara unha economía baseada na innovación e a produtividade, capaz de crear riqueza e emprego de calidade.

LOPE GÓMEZ DE MARZOA, EDIFICIO FEUGA, Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 881939651

[{"razon_social":"Cl\u00faster TIC Galicia","enderezo_social":"LOPE G\u00d3MEZ DE MARZOA, EDIFICIO FEUGA","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"881939651","latitud":"42.8734","longitud":"-8.559","nome_entidade":"Cl\u00faster TIC Galicia"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

Servizo de asesoramento en comunicación e marketing

Estudo das necesidades de marketing das entidades, negociación e compra conxunta de ferramentas e espacios de marketing: Comunicación corporativa (prensa especializada / xeneralista), E-comunicación (comunicación 2.0, portales corporativos), Imaxen corporativa e creatividade publicitaria, Edicións editoriais, Eventos

Internacionalización

Estudo e identificación dos posibles mercados a onde dirixirse para iniciar ou ampliar a internacionalización dunha empresa. Identificación de provedores e clientes dos productos a vender no exterior. Promover a cooperación e as sinergias entre as empresas.