Acceder al contenido principal

Provedor TIC

O Clúster Audiovisual Galego (CLAG) é unha asociación empresarial sen ánimo de lucro declarada Agrupación de Empresas Innovadoras (AEI) con nivel de excelencia polo Ministerio de Industria y Turismo. O Clúster Audiovisual Galego está integrado por preto de 50 compañías que conforman o sector audiovisual en Galicia e que participan en todos os procesos da cadea de valor da produción audiovisual.

Edificio FEUGA - Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Sur, Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 981941792

[{"razon_social":"Cluster Audiovisual Galego","enderezo_social":"Edificio FEUGA - R\u00faa Lope G\u00f3mez de Marzoa, s\/n. Campus Sur","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"981941792","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"Cl\u00faster Audiovisual Galego (CLAG)"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

Servizo de asesoramento de I+D+i

O Servizo de Xestión do I+D del CLAG é un gabinete de asesoramento e titoría especializado á disposición dos asociados con ideas ou proxectos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación, aos que lles ofrece un soporte técnico áxil e personalizado para conseguir un deseño acorde coas alternativas de financiamento público.

Servizo de apoio á captación de financiamento

Este novo servizo do CLAG pretende dar apoio ao empresario na redacción de dous documentos estratéxicos na busca de financiamento privado do proxecto: Resumo Executivo e Plan de Negocio.

Consultoría de licitacións e axudas

As administracións autonómica, estatal e europea ofrecen axudas e subvencións para un amplo abano de proxectos e programas do sector audiovisual. Polo tanto o Clag desempeña unha labor de continua vixilancia sobre información dispoñible de convocatorias de axudas e subvencións que aproben medidas de apoio para o desenvolvemento da actividade empresarial.

Consultoría e asesoramento xurídico

O Servizo de consultaría e asesoramento xurídico do Clúster Audiovisual Galego estrutura o seu labor de asesoría en dous eixos prioritarios: a propiedade intelectual e a contratación audiovisual, para todos os perfís que require a profesión.

Servizo de informes

O Servizo de informes do Clúster Audiovisual Galego ten como principal obxectivo elaborar e poñer á disposición de todos os asociados do CLAG informes, tanto de elaboración propia coma procedentes doutras fontes especializadas, de relevancia para o desenvolvemento e analise do sector audiovisual. A realidade do audiovisual a un só clic.

LibrePlan Audiovisual

LibrePlan Audiovisual é unha adaptación sectorial de LibrePlan orientada á xestión da previsión e execución de custos durante o desenvolvemento de producións audiovisuais. O seu obxectivo principal é cubrir todas as etapas relacionadas coa definición do orzamento, planificación e seguimento, dende o punto de vista do control dos gastos. Permite seguir a execución dos elementos do orzamento comparado cos gastos reais proporcionando unha vsita dos custos comparado coas previsións, xunto con medicións da produtividade.

Formación

O CLAG brinda de maneira sistematizada unha oferta formativa á que son moi receptivos os profesionais do sector. O CLAG pretende abordar esta oferta dende dúas perspectivas: a empresarial e a tecnolóxica. Polo que os programas de formación anual estrutúranse en dous plans independentes e complementarios: Plan Empresa e Plan Tecnolóxico. O Plan Empresa pretende proporcionar aos profesionais do sector audiovisual ferramentas de xestión na área financeira, legal, de comercialización e de marketing. O Plan Tecnolóxico ten como obxectivo formar aos técnicos do sector audiovisual nas tecnoloxías audiovisuais de última xeración.

Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea

A Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea pretende ser una organización onde se instaure un entorno propicio para crear e consolidar un foro aberto de traballo e colaboración entre os actores relevantes no sector tecnolóxico audiovisual da Comunidade Autónoma Galega, que favoreza a formación de grupos ou polos de excelencia e coordinación científico-técnica de carácter dinámico nos temas de I+D+i claves para o futuro deste tecido empresarial. A Plataforma estrutúrase en seis grupos de traballo: formatos e contidos audiovisuais interactivos; animación e xogos; sistemas avanzados de produción e xestión audiovisual; alta definición; virtual learning; e estereoscopía. O Clag, na figura de Secretaría Técnica, xestiona o día a día da agrupación ofrecendo o soporte administrativo, loxístico e técnico que precisen os demais organos de i+dea.