Acceder al contenido principal

Provedor TIC

A Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), é unha entidade, sen ánimo de lucro, promovida pola Deputación Provincial de Lugo. A Fundación TIC ten como obxectivo prioritario promover e levar a cabo actividades dirixidas ao fomento da educación, a investigación e o desenvolvemento das TIC, así como o impulso e consolidación da denominada sociedade do coñecemento ou sociedade da información, de maneira que se contribúa a mellorar a formación relativa a estas tecnoloxías na provincia de Lugo. Este obxectivo fundacional motivou a promoción e creación dun centro privado autorizado, pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para impartir ensinanzas de formación profesional de grao superior de Produción de audiovisuais, radio e espectáculos e de Realización de audiovisuais e espectáculos, que iniciou o seu funcionamento no curso 2003/2004.

Rúa Frei Plácido Rei Lemos, s/n, Lugo (Lugo)
Tlfn: 982284667

[{"razon_social":"Fundaci\u00f3n TIC Lugo","enderezo_social":"R\u00faa Frei Pl\u00e1cido Rei Lemos, s\/n","localidade":"Lugo","telefono":"982284667","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"Fundaci\u00f3n TIC Lugo"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Lugo

Solución(s) TIC

CS Formación Profesional de Realización e Produción de Audiovisuais

TÉCNICO SUPERIOR EN PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS Perfil profesional. ¿Que vou aprender a facer? Planificar, organizar, supervisar e xestionar os recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de audiovisuais, radio e/ou espectáculos, asegurando o cumprimento dos plans ou obxectivos da produción no tempo e as condicións de custo e calidade establecidas. Saídas profesionais - Técnico en produción de programas de televisión. - Técnico en produción de obras cinematográficas. - Técnico en produción de obras videográficas. - Técnico en produción de programas radiofónicos. - Técnico en produción de espectáculos e obras teatrais. Duración dos estudos 2000 horas Requisitos de acceso Consultar requisitos de acceso para o curso 2012/13 Plan de estudos (LOE implantación no curso 2012-13) 1º curso - Medios técnicos audiovisuais e escénicos - Planificación de proxectos audiovisuais - Planificación de proxectos de espectáculos e eventos - Recursos expresivos audiovisuais e escénicos - Formación e orientación laboral 2º curso - Xestión de proxectos de cine, vídeo e multimedia - Xestión de proxectos de televisión e radio - Xestión de proxectos de espectáculos e eventos - Administración e promoción de audiovisuais e espectáculos - Empresa e iniciativa emprendedora - Proxecto de produción de audiovisuais e espectáculos - Formación en centros de traballo (F.C.T.) TÉCNICO SUPERIOR EN REALIZACIÓN DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS Perfil profesional. ¿Que vou aprender e facer? Organizar e supervisar a preparación, execución e montaxe de calquera tipo de programa filmado/gravado en directo, coordinando os medios técnicos e humanos necesarios para a súa realización ao longo de todo o proceso, controlando o contido e a forma, así como a calidade establecida. Realizar os procesos de montaxe, edición e post produción de certos produtos audiovisuais no marco de obxectivos establecidos definindo as solucións de realización que aseguren a calidade técnica e formal requirida no produto audiovisual. Coordinar a realización de producións multimedia e de representacións escénicas e espectáculos. Saídas profesionais - Técnico en produción de programas de televisión. - Técnico de realización de televisión en control. - Técnicos de realización de televisión en estudio. - Técnico en dirección de cine. - Secretario de rodaxe. - Técnico en montaxe cinematográfico. - Técnico en edición de V.T.R. - Técnico mesturador de vídeo. - Técnico de postprodución. - Técnico de dirección en espectáculos. - Rexedor de teatro. Duración dos estudos 2000 horas Requisitos de acceso Consultar requisitos de acceso para o curso 2012/13 Plan de estudos (LOE implantación curso 2012-13) 1º curso - Planificación da realización en cine e vídeo - Planificación da realización en televisión - Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais - Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos - Medios Técnicos audiovisuais e escénicos - Formación e orientacion laboral 2º curso - Procesos de realización en cine e vídeo - Procesos de realización en televisión - Realización da montaxe e a posprodución de audiovisuais - Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos - Empresa e iniciativa emprendedora - Proxecto de realización de proxectos de audivisuais e espectáculos - Formación en centros de traballo (F.C.T.)