Acceder al contenido principal

Provedor TIC

aCore é unha empresa 100% galega que ofrece servizos de enxeñaría informática e consultoría tecnolóxica. Somos especialistas no desenvolvemento de solucións e sistemas RFID para calquera ámbito e variante tecnolóxica (UHF, HF, NFC, activa...). Temos ampla experiencia en distintos sectores, como son o control de activos, stock, entradas e saídas, inventario, control de paso, errantes... Tamén realizamos desenvolvemento de software a medida. Potenciamos o uso de tecnoloxías libres e comprometémonos co cliente en todos os nosos proxectos. Por último, ofrecemos servizos de consultoría tecnolóxica para o desenvolvemento de todo tipo de proxectos TIC. Ofrecemos aos nosos clientes desde asesoramento até servizos de xestión de proxectos completos.

C/ Falperra 36, bajo, A Coruña (A Coruña)
Tlfn: 881927189

[{"razon_social":"Aplicaciones Inform\u00e1ticas Corporativas y Empresariales S.L.","enderezo_social":"C\/ Falperra 36, bajo","localidade":"A Coru\u00f1a","telefono":"881927189","latitud":"43.359","longitud":"-8.40787","nome_entidade":"aCore"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • A Coruña

Solución(s) TIC

InfoEventos App

InfoEventos é unha plataforma para a creación de aplicacións móbiles que ofrecen información aos participantes de calquera evento: certames, congresos, xornadas informativas, viaxes organizadas, etc.

Con ela podemos ofrecer aplicacións móbiles para Android personalizadas para cada evento. Os participantes poderán descargala e instalala nos seus móbiles ou tablets e permitiralles acceder de forma interactiva a toda a información sobre o evento, á programación de actividades con posibilidade de recibir alarmas, ao plano do lugar do evento con indicacións dos lugares de celebración das actividades e outros puntos de interese, recibir novas en tempo real, etc.

Toda esta información, ao estar altamente relacionada e ofrecerse de forma interactiva, permite aos participantes unha consulta moi áxil e doada: desde unha actividade do programa podemos ver directamente no plano onde se celebra, a descrición completa ou que outras actividades se celebran nesa mesma localización. Os participantes poderán disfrutar e aproveitar mellor a súa participación no evento.

Unha aplicación móbil ofrece ademais unha nova posibilidade para dar visibilidade aos seus eventos, complementando o que podería ofrecer unha páxina web e ofrecendo ás persoas interesadas unha experiencia máis dinámica e a posibilidade de levarse a información consigo no peto.

Como estamos a falar dun desenvolvemento propio de aCore, estamos en disposición de ofrecer ás empresas interesadas a posibilidade de personalizar calquera aspecto das aplicacións creadas, así como o desenvolvemento de calquera característica adicional que se poida precisar. Por exemplo funcionalidades como a integración cun sistema de rexistro ou control de asistencia poderían engadirse segundo as necesidades do cliente.