Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Simulación/modelización aplicada á industria. Rendering. Soporte técnico para a explotación dos sistemas de cálculo. Soporte técnico de aplicacións de cálculo. Almacenamento de datos masivo. Xestión de proxectos de I+D+I. Desenvolvemento de aplicacións XIS e solucións asociadas.. Desarrollo e xestión de plataformas de e-Learning e ferramientas colaborativas. Acceso á Reds de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia.

Avda. de Vigo s/n, Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 981569810

[{"razon_social":"Fundaci\u00f3n CESGA","enderezo_social":"Avda. de Vigo s\/n","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"981569810","latitud":"0","longitud":"0","nome_entidade":"Fundaci\u00f3n P\u00fablica Gallega Centro Tecnol\u00f3xico de Supercomputaci\u00f3n de Galicia (CESGA)"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

Computación-Soporte ó desenvolvemento

Defínese o servizo de Soporte ao Desenvolvemento como un servizo de axuda ao desenvolvemento de software de usuario. O servizo comprende axuda e colaboración en programación en diversas linguaxes, optimización de código existente, así como axuda á implementación de solucións que combinen diversas tecnoloxías computacionales. Este servizo é levado a cabo mediante o desenvolvemento de proxectos de 4 meses máximo con estreita colaboración do usuario e orixinados por unha solicitude de servizo proveniente de este.

Horas de cálculo

O servizo de horas de calculo ofrece a posibilidade de executar simulacións nos servidores de calculo do centro. Para iso utilízase o sistema de colas instalado nos equipos e os usuarios con conta de acceso aos servidores poden facer uso do sistema de colas para enviar as súas simulacións.

Procesamento cartográfico dixital

Calquera proxecto de cartografía dixital require que se integre a información cartográfica proveniente de diversas fontes. Grazas a que a información xeográfica organízase como capas de datos, é posible realizar medicións, consultas, modelizaciones e outro tipo de análise que aproveiten datos provenientes de moitas disciplinas diferentes. Así, os datos de poboación, por exemplo, poden analizarse en combinación con datos industriais, co que poden elaborarse mapas de desenvolvemento. Esta capacidade de poder vincular datos provenientes de fontes diversas, é posible grazas á integración de diferentes capas de datos. Se estes datos non se integran entre si, non será posible realizar ningún tipo de análise espacial.

BACKUP CESGA

O servizo de backup remoto ofrece a posibilidade de facer copias de seguridade a través da rede ao sistema de backups do centro, ben a disco ou a cinta, en función das necesidades, así como especificar a periodicidade e tipos de backups

ALMACENAMENTO DE DATOS

O servizo de almacenamento de datos que proporciona o Cesga, está orientado ao almacenamento e tratamento de información de altas prestacións, grandes volumes de datos e de alta dispoñibilidade e o acceso desde calquera computador conectado á rede Internet.

AulaCESGA

Aua Cesga é a plataforma de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Aula Cesga é unha contorna para a formación, traballo en equipo e experiencias de innovación e investigación na educación. Pode consultar o informe Análisis de utilización del Sistema de Gestón de Cursos Aula Cesga que recolle a análise da evaluación técnica e de uso realizada en xaneiro de 2010, onde se inclúe a análise de rexistros do servidor así como os datos dunha enquisa realizada ós profesores e investigadores usuarios da plataforma de xestión de cursos online Aula Cesga.

Conexión de Centro a RECETGA

Servizo de conexión de centro a RECETGA: Permiten ao centro a conexión da súa infraestrutura á rede de investigación autonómica RECETGA e por extensión a RedIris e GEANT.

CloudPYME

Pexecusións de simulacións, análises e optimizacións nunha plataforma virtual, liberando os seus equipos para outras tarefas e utilizando a infraestrutura de computación do CESGA. Orientada a empresas que innovan que necesiten acceso a recursos de simulación ou de análise de datos.