Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Consultaría e desenvolvemento de software, ERP - CRM. Consultaría e desenvolvemento Web. Consultoría e desenvolvemento de comercio electrónico. Desenvolvemento de Apps. Plataforma Cloud para a organización e xestión de eventos e congresos. Servicios tecnolóxicos para eventos e congresos.

Camiño de Adrán, 2 - Baixo, TEO (A Coruña)
Tlfn: 902908058

[{"razon_social":"AVA Soluciones Tecnol\u00f3gicas, S.L.","enderezo_social":"Cami\u00f1o de Adr\u00e1n, 2 - Baixo","localidade":"TEO","telefono":"902908058","latitud":"42.8341","longitud":"-8.58908","nome_entidade":"AVA Soluciones Tecnol\u00f3gicas"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • TEO

Solución(s) TIC

Plataforma de comercio electrónico especializada para Fashion Retail, Textil, Moda.

Esta plataforma está basada en PrestaShop, o que proporciona a escalabilidade, flexibilidade e funcionalidades para acompañar ás empresas no seu crecemento. Ofrece ás empresas un gran control sobre o contido, a presentación e as funcionalidades da súa canle comercial en Internet. Posúe un panel de administración moi amigable e intuitivo que permite unha xestión integral da tenda online sen posuír maiores coñecementos técnicos. Características xerais: administración do sitio, promocións e ferramentas de márketing, posibilidade de internacionalización (multiidioma) da tenda, pagos en liña, administración de catálogos, versión para dispositivos móbiles, tablets, etc. Destaca por ter unha estrutura interna limpa que favorece o posicionamento en buscadores. PrestaShop distribúese con licenza OSL. Integracións dispoñibles: Integración con pasarela de pago segura, TPV online, PayPal. Integración co software de xestión empresarial, ERP, da empresa. Integración con operadores loxísticos para seguimento do estado do envío dos pedidos. Integración son redes sociais e Blog. Integración con Google Analytics e Google Adwords. Integración con comparadores de precios en Internet, Google Shopping, Kelkoo, etc.

Posicionamento Web SEO e SEM en buscadores de Internet

Servizo de posicionamento Web en buscadores de Internet, xestión da campañas de marketing online en Google Adwords, Google Shoping, Kelkoo e demais comparadores de prezos en Internet.

Xestión de campañas de marketing online en rede sociais como Facebook, Twiter, etc.

O obxetivo é incrementar o tráfico de visitas á páxina Web ou tenda de comercio electrónico para incrementar as vendas.

OfiTur Cloud - Plataforma de Xestión de Oficinas de Turismo

OfiTur Cloud é unha plataforma online que permita unificar a xestión de múltiples oficinas de turismo, automatizando o envío de información estatística e informes sobre visitantes, procedencias, duración, actividades,... aos organismos oficiais de xestión de turismo.

Conta con diversos módulos: enquisas de visitantes, xeración de estatísticas, informes, tenda, control de stock e xestión das configuracións da ferramenta.

O módulo de tenda permite levar un control das vendas ou entrega de balde de merchandising nas oficinas, así como a xestión e reposición do stock.

Tecnoloxicamente trátase dunha plataforma cloud, accesible a través de calquera navegador de Internet, o que facilita a súa instalación e implantación, mantemento e despregue en múltiples oficinas de turismo.

XestiCon Cloud - Plataforma de Xestión Integral de Congresos

Plataforma Cloud en entorno Web para a xestión integral de congresos e eventos.

Inclúe módulos para a xestión de inscripcións, aloxamento, asistencia a actividades e talleres do evento, pago online, módulo para o Comité Científico que permite a avaliación das comunicacións científicas presentadas ao congreso, etc.

Características principais a modo de resumen:

• Permite a xestión integral de todo o congreso ou evento.

• Preparada para múltiples idiomas.

• Posibilidade de cobrar online – TPV online.

• Posibilidade de emitir facturas.

• Xestión de cupos e reservas de aloxamento.

• Xestión dos expositores e stands.

• Xestión e avaliación dos traballos científicos do congreso.

• Módulo de conexión co Sistema de Posters Multimedia.

• Ferramenta de envío masivo de mails a asistentes en base a filtros avanzados.

• Ferramenta de asignación de horarios de salas, ponencias e moderadores para evitar solapamentos de horarios.

• Xestión financieira do evento.

• App móbil coa información do congreso ou evento.

• Transmite valores de modernidade e innovación ao congreso ou evento.

 

Sistema de Posters Multimedia - ePoster

O sistema de posters multimedia é unha solución software que funciona sobre hardware estándar, pantallas táctiles de gran formato e ordenadores estándar, que leva a experiencia da presentación e defensa das comunicacións científicas tipo póster nun congreso a un novo nivel no que é posible incorporar contidos multimedia como imaxes e fotografías dinámicas, vídeo e audio.

Características principais a modo de resumen:

• Transmiten valores de modernidade e innovación ao congreso.

• Permiten aos congresistas facer presentacións atractivas e dinámicas, ao poder utilizar transicións entre imaxes, secuencias de fotos, vídeos e audio.

• Os congresistas que o desexen dispoñen de plantillas para facer o seu Póster Multimedia dunha forma rápida e cómoda.

• Sistema de votación integrado.

• É fácil facer modificacións de última hora ou engadir novos posters multimedia durante o congreso.

• Evita aglomeracións (O mesmo póster pódese ver en varias pantallas ao mesmo tempo).

• Aforra espacio de exposición fronte ao sistema tradicional de posters en papel pegados sobre paneis de madeira => máis espazo para expositores => máis stands => máis ingresos económicos para o congreso.

• Revaloriza a zona de exposición onde se colocan os posters multimedia, os expositores queren ter os seus stands perto dos posters multimedia porque saben que os congresistas  visitarán esa zona. Esto permite vender espazo para exposición en zonas onde antes os expositores non querían situar os seus stands.

• Elimina o custo de imprimir os posters en papel de cartulina.

• Respetuosos co medioambiente.

• Evita viaxar incómodo aos congresistas cargando co seu póster de papel de cartulina.

 

S.A.E. - RFID: Sistema de control de acceso e asistencia por RFID para Congresos

O Sistema de Acreditación Electrónica, S.A.E. - RFID, é unha combinación software e hardware que utiliza a tecnoloxía inalámbrica de identificación por radiofrecuencia, RFID, para o control de acceso e asistencia dos congresistes ás distintas xornadas e actividades dun congreso ou evento.

As tarxetas de acreditación dos asistentes levan incorporado un TAG RFID de proximidade, as tarxetas son lidas polos terminais lectores á entrada e a saída das salas de forma transparente ao usuario, esto é, modalidade “mans libres”, de modo que a asistencia dos congresistas quedará reflexada automáticamente no servidor do sistema en tempo real só polo feito de pasar polos terminais lectores.

Ademáis o software do sistema xera automáticamente os diplomas de asistencia cos certificados de asistencia validados para as actividades nas que participaron os congresistas, tamén se poden obter estatísticas de asistencia globais por sesións, rangos de horas, rangos de idade dos asistentes, sexo, formación, procedencia, etc.

HotSpot WiFi

Implantación de redes inalámbricas, HotSpot WiFi, con control de usuarios, control de ancho de banda, control de tempo de acceso, tarificación, etc., para acceso a Internet con conexión WiFi en espazos públicos e con un gran número de usuarios simultáneos como Pazos de Congresos, Hoteis, Clubes Náuticos, Clubes de Golf, Campos de Fútbol, etc.

Portal Web e App móbil

Portal Web con xestor de contidos,CMS, en WordPress específico para recursos turísticos: Pazos de Congresos, campos de golf, clubes náuticos, departamentos de promoción turística dos Concellos, congresos, etc.

Módulos para a inclusión de plataformas de comercio electrónico B2B e B2C de comercialización de produtos e paquetes turísticos.

Xesbooking - Central de reservas online de aloxamento

Xesbooking é unha central de reservas online exclusiva para o Turismo Mice, esto é, o turismo de congresos, eventos, convencións, negocios e incentivo. Este turismo caracterízase por un gasto por día moito máis elevado que un turista vacacional e sobre todo porque demanda unha maior calidade no servizo e na atención que recibe. 

Xesbooking é unha central de reservas exclusiva para os profesionais e clientes do Turismo Mice, entre as súas características están a modo de detalle non exhaustivo que é multi-provedor, multi-produto, xestión avanzada de cupos, tarifas e dispoñibilidade, xeración de localizadores de reservas, facturación avanzada, xestión de reservas induviduais e de grupos, posibilidade de pago directo no hotel, etc.

CocoSales App

Eficiente aplicación App móbil de prevenda e autovenda comercial para dispositibos móbiles Android coa que non se perderá ningún pedido, venda ou cobro. Integrada co software de xestión empresarial ERP da súa empresa.

CocoCRM App

Potencie as súas vendas coa información dos seus clientes en tempo real dende CocoCRM dispoñible para dispositivos móbiles Android e iOS. Integrado co software de xestión empresarial ERP da súa empresa.

CocoCash App

Cadro de mando para visualizar en tempo real a facturación das túas empresas, delegacións, tendas ou locais. Integrado co teu programa de xestión ou directamente contra o noso software ERP poderás ver a facturación (ventas, ticket medio, unidades vendidas...) en vista diaria, semanal, mensual e anual.

CocoCash Pharma App

Directamente integrado co seu software de farmacia Farmatic poderá ver a información relativa ás súas vendas: facturación total, ticket medio, unidades vendidas, vendas por receta e vendas libres, etc.

Toda esta información ofrécese seleccionando a vista máis cómoda para o usuario en cada momento: diaria, semanal, mensual ou anual.

CocoSAT App

Potente App para o traballo de campo dos técnicos de servicios técnicos, permitíndolles realizar a xestión integral das revisiones de todos os elementos (extintores, bies contra incendios, alarmas, detectores de fume, etc.) asociados a partes de asistencia tanto periódicos como puntuais de empresas de seguridade, extintores e servicio técnico SAT. Posibilidade de resolución de partes de asistencia ou partes de instalación de obra sen conexión a internet.

Xeración de albarán de traballo realizado e material usado no cliente capturando a firma do cliente sobre o dispositivo.

Consulta do stock de material do almacén en tempo real.

Xeración de partes de asistencia de urxencia desde o propio dispositivo (servicios 24 horas durante os 7 días da semana).