Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Ao longo de máis de 20 anos, Studio XXI Producciones S.L. foise anovando constantemente, incorporando ás súas instalacións a tecnoloxía máis avanzada en sonorización para dar servizo ás principais canles de televisión, distribuidoras, produtoras de cine e televisión, e axencias de publicidade, tanto nacionais como estranxeiras. Studio XXI Producciones S.L. dispón de 500 m2 no centro da Coruña, con 5 salas polivalentes (rexistro de voces e mesturas para TV), unha sala de rexistro de voces para cine de distribución e efectos, 2 salas de mesturas, sala de edición e sala de subtitulado, cuns equipos totalmente dixitalizados.

Francisco Añón, 4 Baixo, A Coruña (A Coruña)
Tlfn: 981279933

[{"razon_social":"Studio XXI Producciones, S.L.","enderezo_social":"Francisco A\u00f1\u00f3n, 4 Baixo","localidade":"A Coru\u00f1a","telefono":"981279933","latitud":"0","longitud":"0","nome_entidade":"Studio XXI Producciones"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • A Coruña

Solución(s) TIC

Sonorización de videos e aplicacións

Sonorización de vídeos corporativos ou publicitarios en distintos soportes, para a súa emisión por internet, a través de dispositivos móbiles, tablets ou ordenadores, televisión ou cine, en idiomas galego, castelán, inglés, francés e portugués.

Sonorización para aplicacións destinadas a favorecer a accesibilidade das persoas con discapacidade a indicativos turísticos en varios idiomas, galego, castelán, inglés, francés e portugués.

Sonorización de cuñas de radio e spots TV.