Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Soluciones de negocio para os procesos comerciais, compra, venta, marketing, loxística e producción do sector Fashion Retail, moda e textil.

C/ Fray Rosendo Salvado 4 - entpla., Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 902905258

[{"razon_social":"INTERNET FASHION SL","enderezo_social":"C\/ Fray Rosendo Salvado 4 - entpla.","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"902905258","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"INTERNET FASHION"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

Franquiciamento do canal de venta en Internet.

Franquiciamento do canal de venta en Internet para empresas Fashion Retail, moda e textil. Sen inversión nin costes fixos para a empresa dende Internet Fashion encargámosnos de todo o necesario para lanzar, xestionar, consolidar e expandir o canal de venta do seu negocio en Internet en coordinación co seu persoal de produto, marca, marketing, almacén e loxística. Internet Fashion suministra a solución tecnolóxica e a xestión da mesma, así como a xestión do canal de venta online. O acordo de franquiciamento inclúe o porcentaje de reparto dos ingresos xerados polo canal de venta en Internet entre as partes.

Fashion Connect

Fashion Connect é unha plataforma de interconexión electrónica entre os distintos operadores implicados na distribución do sector moda-retail convertíndose para eles nun HUB de intercambio de información que procesa e comparte a información entre os membros da cadea de valor. O HUB integrador entre operadores loxísticos e tendas de Internet permite almacenar datos, procesar información e optimizar o ecommerce realizado pola súa empresa, minimizando os prazos de entrega das ventas, evita erros e logra unha independencia operativa do transportista elixido para cada zona de entrega. O obxetivo da integración co operador loxístico é intercambiar os datos necesarios para xestionar as seguintes situacións de negocio con portales de internet ou cadeas de distribución: Xestión de avisos para envíos de vendedor a cliente final. Xestión de recollidas de cliente final a vendedor para os procesos de devolución de produto. Trazabilidade de envíos a cliente final. Xestión de expedicións realizadas polo vendedor. Cada participante no proceso de intercambio de información, sexa vendedor ou operador loxístico pode elexir a súa propia forma de xestionar as comunicacións co HUB independentemente da forma na que o faga a outra parte. Ademáis pode integrar as comunicacións co HUB dende o seu software de xestión, ERP, ou software de loxística para que sexa transparente aos usuarios e non teñan que duplicar a introducción dos datos en Fashion Connect. Existe un módulo de Fashion Connect dispoñible para MAGENTO e para PRESTASHOP, as dúas principais ferramentas software de creación de portais de comercio electrónico Open Source, o que amplía enormemente o número de tendas online de comercio electrónico en Internet para intercambiar datos cos operadores loxísticos compatibles e integrados con Fashion Connect.