Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Softgasa, fundada no 1983, é unha empresa de servizos infomáticos especializada en consultoría, desenvolvemento de software e implementación de solucións ERP / CRM. Actualmente, Softgasa, posúe un amplo cartafol de produtos, servizos e alianzas con Partners Tecnológicos dos principais fabricantes de Hardware e Software como, IBM, SAP, A3 Software, Intel, Toshiba, .... O noso obxectivo é identificar os procesos vitais da súa compañía e achegar solucións que axuden a aumentar a súa produtividade e rendibilidade nun ámbito tan competitivo como o actual.

Camino Quirós 52 - Edificio Softgasa, Vigo (Pontevedra)
Tlfn: 986375600

[{"razon_social":"SOFTGASA INFORM\u00c1TICA, S. L.","enderezo_social":"Camino Quir\u00f3s 52 - Edificio Softgasa","localidade":"Vigo","telefono":"986375600","latitud":"42.221","longitud":"-8.71227","nome_entidade":"SOFTGASA"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Vigo

Solución(s) TIC

SoftTextil ERP

É unha solución modular para a xestión integral de todas as áreas dunha empresa do sector téxtil e calzado, dende a distribución como almacenista, a produción, o CRM, Contabilidade e Finanzas, Web B2B o B2C, ata a xestión dunha tenda ou cadea de tendas, con control centralizado destas, mediante a integración co TPV local ou Web.

SAP BUSINESS ONE (ERP/CRM)

A aplicación SAP Business One integra todas as funcións empresariais básicas de toda a empresa (inclúe xestión financeira, CRM, vendas, xestión de atención ao cliente, SAT, e-commerce, xestión de inventarios, MRP e operacións). A diferenza de moitas outras solucións empresariais para as PEMES que existen actualmente no mercado, SAP Business One é unha única aplicación que elimina a necesidade de instalacións separadas e a complicada integración de varios módulos. Coa solución SAP Business One, poderá: Mellorar a eficacia do resultado final: Porque centraliza e integra todos os seus datos empresariais -do CRM, vendas, inventario, MRP, compras, operacións e finanzas- nun único sistema, eliminando así entradas de datos redundantes, erros e custos. Centrarse en facer crecer a súa empresa: Porque optimiza operacións de principio a fin, de maneira que pode centrarse en facer que o seu negocio sexa máis rendible. Tomar decisións máis intelixentes e máis rápidas: Porque reúne a información da súa empresa nunha única fonte de datos, de maneira que pode analizar a información completa e actualizada inmediatamente, e os seus empregados poden reaccionar rapidamente ás necesidades do cliente e ter máis poder para tomar decisións. Obter unha rápida rendibilidade: Porque se poñerá en marcha e estará a funcionar cunha soa aplicación dentro de seis ou oito semanas. A experiencia de usuario intuitiva minimiza a formación do usuario e reduce o custo do soporte continuado de TI.

a3ERP

a3ERP|Solución integral de xestión para PEMES é a solución de xestión empresarial, adaptable, potente e de uso intuitivo, que che permitirá controlar e analizar a información dos diferentes circuítos administrativos e produtivos da empresa nun ámbito de traballo único. a3ERP está deseñado para responder ás necesidades das PEMES, polo que poderá crecer ao ritmo que o faga o seu negocio, evolucionando en funcionalidades e postos de traballo.

SoftLogist ERP

Softlogist ERP é unha solución modular específica para o sector madeireiro que satisfai as necesidades de todas as áreas deste tipo de empresas como, a Explotación Forestal, Pesaxe e Etiquetaxe, Cadea de Custodia e Madera Certificada, Xestión de Paquetes, Loxística do Almacén con PDA e Ubicación Gráfica, Xestión Comercial e Financeira, Xestión de Maquinaria e Fabricación.

VisualFrigo

VisualFrigo é un SGA (Software de Xestión de Almacén) co que xestionar a Loxística, ver a situación real das súas Cámaras Frigoríficas de forma sinxela e gráfica, Calcular e Facturar o Frío aos seus clientes, así como as vendas da súa mercadoría mantendo en cada momento a trazabilidade de cada artigo e lote. As súas principais características son; Dixitalización do Plano Real das Ubicacions de cada Cámara, Visión das Ubicacions de cada Cámara en Pantalla de forma Gráfica, Xestión de Stock por Ubicacións, Trazabilidade Total da Mercadoría e Informes Sanitarios, Control de Lotes e Caducidades, Integración con Básculas e Etiquetaxe, Módulo de Acceso Web para Clientes, Módulo Wifi para Terminais de Mano e Carreta, Facturación de Frío, Facturación de Mercadoría Propia a Clientes, Módulo de Elaboración, Potente Xerador de Consultas e Listados, Módulo Financeiro. Permite Trabajar de Forma Autónoma ou mediante Interfaces con calquera ERP do mercado.

Xistral CRM

Xistral é un CRM (Xestor das Relacións cos Clientes) na Nube, potente e aberto á integración con outros sistemas ERP (Programas de Xestión Empresarial) mediante interface, de forma que o fluxo de información entre o CRM e o ERP sexa transparente para o usuario e estea en todo momento a información actualizada. Xistral permite dende a xestión de ficheiros mestres de Clientes, Artigos, etc., ata a imputación de pedidos, stocks, xestión de cobramentos, control de visitas por rutas e xestión de gastos do representante. Con esta plataforma, o noso cliente rexistrado pode facernos pedidos directamente e xestionar a súa información particular (situación dos pedidos, consulta de albarás e facturas, etc.). Soporta Tallas e Cores, Lotes e Números de serie. Xistral non ten limitacións a nivel sistema operativo, funciona sobre Windows, Android, iOS, nin a nivel hardware, funcional sobre Tablet, Pc, Smartphone, Portátil, etc..

SoftMobile CRM

SoftMobile é un CRM (Xestor das Relacións cos Clientes) para a xestión da Pre Venda, Autovenda e Reparto en calquera sector de actividade empresarial, potente e aberto á integración con outros sistemas ERP (Programas de Xestión Empresarial) mediante interface, de forma que o fluxo de información entre o CRM e o ERP sexa transparente para o usuario e se sincronice a información mediante GPRS/3G a demanda do usuario. SoftMobile permite dende a xestión de ficheiros mestres de Clientes, Artigos, etc., ata a imputación de pedidos, stocks, xestión de cobramentos, control e planificación de visitas por rutas/axente e xestión de gastos do representante. Soporta Lotes e Números de serie. SoftMobile funciona sobre Windows Mobile e soporta PDA industriais e teléfonos táctiles.

Cuadros de Mando - BI

Un Sistema de Información á Dirección, ou Cadro de Mando, é un documento onde se recollen os indicadores máis relevantes para realizar o control da xestión dunha empresa ao nivel que se desexe. Softgasa crea, utilizando as tecnoloxías máis modernas do mercado, estes indicadores á medida das necesidades de cada cliente con independencia do sistema de xestión que teña, podendo integrar datos de diferentes fontes, Base de Datos, Follas Excel, etc..