Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Diseño y programación web :: Diseño gráfico y redes sociales. Transformación digital

Juan Flórez 8, A Coruña (A Coruña)
Tlfn: 981139449

[{"razon_social":"PASTORA VAZQUEZ HERNANDEZ","enderezo_social":"Juan Fl\u00f3rez 8","localidade":"A Coru\u00f1a","telefono":"981139449","latitud":"43.3529","longitud":"-8.39671","nome_entidade":"Doblespacio"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • A Coruña

Solución(s) TIC

Wordpress

Wordpress é un sistema de xestión de contido incialmente enfocado á creación de blogues aínda que grazas aos innumerables complementos e extensións existentes pode considerarse un completo sistema de xestión de contidos. As causas do seu enorme crecemento son, entre outras, a súa licenza, a súa facilidade de uso e as súas características como xestor de contidos. Tamén unha das causas, é a súa enorme comunidade de desenvolvedores e deseñadores, que se encargan de crear plugins e themes para a comunidade. Distribúese con licenza GPL

Drupal

Drupal é un sistema de xestión de contido modular e moi configurable. Destaca pola calidade do seu código e das páxinas xeradas, o respecto polos estándares web e o especial énfase na usabilidade e consistencia de todo o sistema. Drupal permite crear dende blogues persoais ata aplicacións de empresa. Grazas a milleiros de módulos e deseños existentes é posible construír calquera sitio que poida imaxinar. Drupal é flexible, robusto e está sendo constantemente mellorado por centos de miles de apaixoados desenvolvedores de todo o mundo. Distribúese con licenza GPL

Joomla

Joomla é o sistema de xestión de contidos máis popular da web. É empregado tanto por individuos, pequenas e medianas empresas ou grandes organizacións para crear dun xeito doado e flexible unha gran variedade de webs ou aplicativos web. Ofrece un amplo abano de compoñentes adicionais como son axenda, foros, enquisas, buscador avanzado, sindicación de contidos, etc Entre as súas múltiples extensións destacan varias especialmente deseñadas para integrar no portal unha tenda de comercio electrónico. Distribúese con licenza GPL

Páxinas webs para empresas

Desenvolvemento de páxinas webs para todo tipo de empresas que queran ofertar unha imaxen profesional dos seus servicios.

En internet no só é importante contar os nosos servizos se non que tamén é importante como o facemos. Facelo de unha maneira calida, atractiva e acolledora é fundamental cando falamos de turismo.

Páxina web corporativa

Somos especialistas en páxinas web e tendas online. Revisamos o contido para aumentar o posicionamento da mesma e velamos pola imaxe da súa empresa en internet