Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Soluciones integrales para el desarrollo de aplicaciones móviles Android, iOS o webApps. Proporcionamos los servicios de backend necesarios para la creación de APIs, páginas web con Ruby On Rails, hosting y asesoramiento legal.

Avd Rosalía de Castro 212, Santa Leocadia de Perillo (A Coruña)
Tlfn: 881892253

[{"razon_social":"Softwhisper Desarrollo e Ingenier\u00eda de Software SL","enderezo_social":"Avd Rosal\u00eda de Castro 212","localidade":"Santa Leocadia de Perillo","telefono":"881892253","latitud":"43.3329","longitud":"8.37797","nome_entidade":"Softwhisper Desarrollo para M\u00f3viles"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santa Leocadia de Perillo

Solución(s) TIC

Desenvolvemento de aplicacións móbiles

En Softwhisper damos solucións integrais para o desenvolvemento de aplicacións móbiles. Cubrimos desde o deseño da aplicación ata a creación dos servizos web necesarios, hosting e mantenento durante todo o ciclo de vida da aplicación.

Ecommerce a media VShop

VShop es un framework desarrollo por Softwhisper para la implantación de tiendas online en clientes que busquen diferenciarse de la competencia con una solución integral adaptada a su negocio y a sus procesos.

Realizado desde cero dentro de Softwhisper VShop permite todo tipo de integraciones con las plataformas existentes en su empresa. 

Del mismo modo es totalmente personalizable y adaptable a sus necesidades especificas, tanto estética como funcionalemente, permitiendo tanto la modificación de toda la funcionalidad que presenta como la integración de nuevos módulos que aporten funcionalidades totalmente nuevas.

La escalabilidad es otro de los puntos más cuidados en nuestra plataforma y que le permitirá hacer crecer su negocio sin necesidad de una mayor inversión en desarrollos tecnológicos.

El panel de control y administrativo se realiza totalmente a medida de las necesidades del cliente, mostrándole solo la información que sea necesaria y presentandola de manera muy amigable para que pueda dedicar toda su atención a su negocio.

Esta plataforma se completa con aplicaciones móviles IOs y Android para aportar un servicio de venta online integral y cuya gestión esté centralizada en un único sistema.

La plataforma también integra gráficas de ventas, visitas y registros, y como en el resto de la plataforma, nos permite la creación o modificación de cualquier gráfica que sea necesaria.

Desenvolvemento de CRMs a medida con compoñente móbil

Solucións CRM a medida para a xestión dos seus clientes, citas, chamadas e calendario así como as súas oportunidades de negocio, tracking de xeoposicionamento de comerciais durante as súas visitas e calquera outra funcionalidade especifica que poda ser necesaria desenvolver para cubrir as necesidades do seu negocio

As nosas solucións poden integrarse cos sistemas actualmente en uso na súa empresa simplificando e axilizando os fluxos de traballo existentes.

Todas as nosas solucións contan cun compoñente de mobilidade para facilitar o seu uso aos usuarios e que así saquen o mellor partido ás plataformas tecnolóxicas que desenvolvemnos.

Inclusión de mecanicas de gamificación para mellorar a experiencia dos usuarios (empregados) mediante a consecución de obxectivos, uso de rankings, desbloqueo de premios, medallas, cupóns... en definitiva uso de técnicas motivacionais para a mellora da experiencia dos usuarios e fidelización destes á empresa.

Plataformas de formación a medida

Desde Softwhisper implantamos múltiples solucións formativas a medida a clientes de diversos sectores con necesidades específicas como:

  • Mellora das comunicacións internas e externas
  • Mellora do rendemento e motivación dos empregados
  • Incremento no tempo de aprendizaxe da materia formativa
  • Redución de custos asociados a tarefas formativas
  • Fidelización dos empregados
  • Melloras na calidade da formación aportada aos empregados
  • Calquera outra necesidade que sexa necesario cubrir para a empresa

As solucións tecnolóxicas desenvolvidas realízanse totalmente a medida para cubrir as necesidades específicas de cada caso, o que conleva solucións moi diversas, aquí indicamos varios exemplos de dita diversidade:

  • Plataformas web de elearning con aplicacións móbiles para os empregados
  • Simuladores para dispositivos móbiles para formar aos empregados mediante a execución de procesos empresariais de maneira virtual. Estes simuladores constan dunha visualización e interacción moi depurada que en gran medida sustitúe á formación in situ dos empregados. Cobrar en caixa, empaquetar unha prenda ou realizar un envío son perfectos exemplos de procesos cuxa formación pode ser levada a cabo por este sistema.
  • Plataformas con compoñentes de gamificación/ludificación para aunar a formación cos aspectos máis motivacionais e de fidelización dos empregados. Neste tipo de plataformas empréganse técnicas como:
    • Consecución de obxectivos
    • Xestión do progreso
    • Rankings internos
    • Desbloqueo de contidos, premios, cupóns, medallas ...
    • Uso de xogos formativos

Desde Softwhisper ofrecemos tanto a consultaría para a realización deste tipo de solucións tecnolóxicas como o posterior desenvolvemento, posta en marcha e posterior soporte e monitorización das plataformas desenvolvidas, ofrecendo deste modo un servizo integral á medida das súas necesidades.

Plataformas a medida para o sector téxtil

Realizamos plataformas de xestión a medida para a simplificación e optimización dos seus procesos internos.

Fixemos a consultaría e desenvolvemento de múltiples plataformas a medida para empresas deste sector. Algúns exemplos deste tipo de plataformas son:

  • Plataformas de formación mediante a simulación virtual e interactiva dos seus procesos internos. Xestión de almacén, uso de caixa rexistradora, lectura de códigos de prenda, proceso de fabricación e envíos…
  • Plataformas web con compoñentes de mobilidade (aplicacións móbiles) para xestión de Visual. Esta plataforma desenvolveuse para centralizar toda a información respecto á xestión de visual que ata agora realizábase mediante múltiples cauces e necesitando estar diante do ordenador.
  • Plataformas web con compoñentes de mobilidade (aplicacións móbiles) para xestión de Cartelaría de tenda. Este proxecto desenvolveuse para garantir a unicidade de imaxe entre as tendas da mesma cadea na xeración dos carteis de ofertas, tempada, rebaixas… Mediante o uso de plantillas simplifícase e unifícase enormemente a xeración de todo tipo de carteis necesarios para a tenda.
  • Plataformas Ecommerce a medida
  • Plataformas a medida de xestión de fabricación de prendas

Consultaría e desenvolvemento de redes sociais

Desde Softwhisper fixemos a consultaría e desenvolvemento de varias redes sociais enfocadas en distintas actividades e con necesidades específicas para cada caso. Algúns exemplos son:

  • Red social para amantes da pesca. Permite aos afeccionados á pesca facer un seguimento das súas xornadas de pesca, facendo un seguimento da súa localización e permitíndolle crear fotos, vídeos e comentarios que posteriormente poden verse sobre a ruta xerada polo usuario. Debido ás características concretas da pesca, a privacidade dos contidos desta plataformas é bastante restrictiva de cara a garantir a privacidade dos lugares de pesca que non se desexan dar a coñecer. Tamén polas necesidades concretas de uso da aplicación, esta permite o seu funcionamento sen necesidade de ter unha conexión a internet activa, almacenando a información que se vai xerando localmente e sendo esta sincronizada automaticamente cando o dispositivo volve a ter conectividade.
  • Redes sociais para ligar. Nesta rede social un dos puntos máis diferenciadores é a integración con redes sociais para a extracción tanto da información e gustos dos usuarios como dos seus amigos de cara a facilitar a invitación destos á plataforma. Este tipo de aplicacións sociais contan ademais con solucións visuais moi fluidas e amigables co fin de crear unha experiencia divertida nos usuarios.
  • Redes sociais para realizar actividades en grupo. Desenvolvimos varias plataformas deste tipo, en xeral búscase a dinamización de sectores concretos mediante o uso deste tipo de aplicacións que á súa vez integran mecánicas de xogo para favorecer o seu uso e xerar no usuario hábitos de consulta diaria que favorezan o crecemento da comunidade.

Plataformas de idiomas a medida

Consultaría e desenvolvemento de plataformas a medida para a aprendizaxe de idiomas. Estas plataformas soen estar compostas por unha contorna web accesible aos usuario e que lles permite acceder aos contidos lectivos dos cursos. Estes contidos son tanto textuais, como audios, video e imaxes.

A estruturación dos contidos realizarase a medida segundo as necesidades formativas do cliente.

Mediante a integración de aplicacións móbiles outórgase a estas plataformas unha capacidad de uso moito maior, permitindo que os usuario poidan realizar o seu estudo en calquera parte sen necesidade de estar sentados fronte ao ordenador.

Estas plataformas en certos casos tamén integran pasarelas de pago e/ou subscricións de pago que permiten automatizar a xestión de inscricións de novos usuarios sen necesidade de xerar ningún tipo de proceso de subscrición fóra da plataforma.

Plataformas Promocionais/cuponeo a medida

Consultaría e desenvolvemento de plataformas a medida para a dinamización do comercio e a fidelización de clientes mediante mecánicas de xogo como sorteos, xogos e cupóns.

As mecánicas de xogo que se desenvolven dependen das necesidades específicas que sexa necesario cubrir para o negocio. As técnicas utilizadas dependerán de necesidades como:

  • Motivar aos clientes ben para que vaian á tenda máis a múdo

  • Incentivar aos clientes para que compren máis

  • Premiar aos clientes por atraer a outros potenciais clientes ao seu negocio

  • Promocionar novos produtos

  • Mellorar as vendas en periodos concretos de baixa demanda

Este tipo de plataformas soen conlevar a súa vez técnicas de gamificación como o desbloqueo de premios ou cupóns, cumprimento de obxectivos e rankings de participación. Todo iso co fin de enganchar aos clientes e mellorar con iso a percepción do seu negocio.

Estas plataformas seen estar compostas por un compoñente web público e administrativo así como compoñentes de mobilidade (aplicacións móbiles e tablet) tanto para os usuarios finais como para os comercios.

Plataformas Deportivas a medida

Consultaría e desenvolvemento de plataformas a medida para entidades deportivas.

Dentro deste sector existe gran diversidade en función das necesidades específicas do cliente. Desde Softwhisper desenvolvimos plataformas para cubrir necesidades como:

  • Plataformas web corporativas para a mellora da imaxe e integración de servizos como a subscrición aos centros, reservas de salas, desglose e horarios de actividades…

  • Plataformas móbiles con versión móbil e tablet para a creación e execución de rutinas de exercicios. É o complemento ideal para ximnasios e personal trainers. Este tipo de ferramentas permiten a interacción dos entrenadores cos seus clientes, a compartición de rutinas e o seguimento da actividade realizada polos seus clientes. Esta plataforma caracterízase por un uso moi sinxelo acompañado dun apartado gráfico moi depurado que permite tanto ao entrenador como ao entrenado interactuar dunha maneira moito máis rápida e sinxela da que se obtén por calquera outra vía.

  • Plataformas de xestión deportiva. Xeración de fichas de deportistas, seguimento de deportistas e clubs, novas e promocións dos clubs e os seus patrocinadores. Interacción con entidades relacionadas cos clubs e deportistas (Federacións, organismos públicos...)

Plataformas a medida para o sector Hostaleiro

Consultaría e desenvolvemento de plataformas a medida para o sector da hostalaría.

Desde Softwhisper desenvolvimos plataformas para cubrir necesidades como:

  • Plataformas web corporativas para mellora de imaxe e integración de servizos como reservas, pedidos, cartas, menús, información de contacto…

  • Plataformas móbiles con versión móbil e tablet para fidelización de clientes mediante o uso promocións para clientes, procesos de comandas personalizados e adaptados ás necesidades do seu local, acceso ás cartas e menús do restaurante...

  • Integración completa con redes sociais (Facebook, Twitter, Google Plus). Actualización de contidos desde un único panel de control (Novas promocións, novos platos, bebidas ou eventos) con disparadores que actualizarán eses novos contidos nas redes sociais que teña enlazadas de modo que se publicará automáticamente en todas elas, enviándose ademais notificacións aos clientes que teñan a súa aplicación instalada.

  • Personalización tanto estética como de contidos.

  • Funcionamento offline. As nosas plataformas poden funcionar sen necesidade de acceso a internet garantizando con iso o correcto funcionamento en contornas con pouca conectividade.

Plataformas móbiles para os medios dixitais

Consultaría e desenvolvemento de plataformas a medida para medios de comunicación.

Desde Softwhisper traballamos desde fai anos con clientes como o grupo 20 minutos (periódico 20 minutos, 20 minutos en liña, segundamano.com, Gonzoo, Tiempo y Temperatura….), Vandal Games ou La voz de galicia.

As plataformas desenvolvidas axústanse ás necesidades específicas de cada caso.

Algunhas das aplicacións que desenvolvimos para este sector son:

  • Quiosco para a descarga e consulta dos seus periódicos en formato pdf (20 minutos en liña Android).

  • Aplicación en formato taboleiro para a visualización de noticias en Ipad cun formato innovador e diferenciado (20 minutos HD para Ipad)

  • Aplicacións meteorolóxicas “Tiempo y Temperatura” para Iphone e Android

  • Aplicación Android Gonzoo focalizada tanto en estética e funcionamento como en contido para un público xuvenil.

  • Aplicacións de uso interno para a mellora e aumento de rapidez na publicación de “novas quentes” en medios dixitais

  • Aplicacións móbiles para Vandal Games (Segunda páxina de videoxogos máis vista en España)

Wearables (Reloxos, Balizas, pulseiras...)

En Softwhisper intentamos estar sempre á vanguarda dos avances tecnolóxicos. Debido a nosa necesidade constante de aprendizaxe non podemos evitar facernos cos últimos gadgets dispoñibles en mobilidade que rapidamente empezamos a integrar nos nosos proxectos para cubrir necesidades que doutra maneira non poderían ser resoltas da forma máis adecuada.

Algúns exemplos concretos de desenvolvementos con Wearables son:

  • Uso de balizas para xeolocalizar lugares e/ou obxectos ben para poder trackear ao usuario ata o seu destino en interiores, ben para envío de notificacións por proximidade ou ben para o desenvolvemento de xogos con alto compoñente interactivo e que permiten integrar a actividade virtual coa real (as xincanas por exemplo)

  • Notificacións melloradas e aplicacións móbiles para o Apple watch

  • Notificacións, uso de cards e creación de aplicacións móbiles para Android watches

  • Uso das pulseiras de exercicios para extracción de información de actividade e tratamento posterior de dita información.

Solucións a medida baseadas na Internet das cousas

Internet na nosa casa, no noso negocio e incluso as nosas relacións.

Internet integrado coas cousas da nosa contorna para simplificar o seu uso, coñecer o seu estado e localización en todo momento e mesmo adiantar traballo sen necesidade de estar presente para interactuar co obxecto.

A internet das cousas xa leva anos entre nos en sistemas de domótica, coches, en certos wearables que se conectan a internet e noutros moitos obxectos.

A base deste tipo de proxectos é a integración de centralitas ou mecanismos de seguimento en obxectos cotiás do noso día a día que nos permitan obter resultados como:

  • Interacción directa coas cosas de maneira remota (Por exemplo encender as luces da túa casa a través de internet)

  • Automatización do funcionamiento de aparatos evitando a necesidade de ningunha acción manual. Por exemplo:

    • unha cafetera que poidamos encender desde o móbil ou que nos faga o café automáticamente á hora que indiquemos no noso calendario de google.

    • Un coche que vai enviando datos de control á compañía en todo momento para verificar o seu correcto funcionamento ou notificarnos en caso contrario.

    • Habitacións de hotel que podemos configurar (Temperatura, ventás, luces...) desde o noso móbil sentados no avión.

  • Seguimento do estado e a contorna de obxectos. Como por exemplo no uso de sensores nas hortas conectadas a internet, que non só nos notifican das características actuais da horta senón que de maneira automatizada son capaces de realizar accións en base aos parámetros detectados polos sensores e notificarnos das accións realizadas.

Desde Softwhisper levamos a cabo varios proxectos desta índole.

Se estás interesado en realizar un proxecto deste tipo, en  Softwhisper estamos altamente capacitados tanto para asesorar en canto á solución como para o desenvolvemento mesmo da solución e posta en marcha do proxecto.

Desenvolvimos varias solucións para o sector da hostalaría integrándonos con sistemas de domótica.

Tamén realizamos proxectos internos para a automatización mediante sensores e outros dispositivos da xestión de hortas de interior.

Traballamos en varios proxectos internos con Arduinos integrándoos en diversos electrodomésticos de uso habitual.