Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Creación de webs complexas e desenvolvemento de proxectos en internet.

Rúa das Hedras, 6, 2H, O Milladoiro, Ames (A Coruña)
Tlfn: 981939324

[{"razon_social":"A navalla su\u00edza SL","enderezo_social":"R\u00faa das Hedras, 6, 2H","localidade":"O Milladoiro, Ames","telefono":"981939324","latitud":"0","longitud":"0","nome_entidade":"A navalla su\u00edza"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • O Milladoiro, Ames

Solución(s) TIC

Webs a medida

O noso traballo consiste na creación de webs a medida, para necesidades concretas. A partir dunha entrevista na que nos contas para que necesitas a web e que queres conseguir con ela, propoñémosche unha forma de funcionar que é única para ti. Deseñámola, maquetámola, programámola e, se queres, axudámosche a lanzala.
Somos especialmente bos se queres incorporar vídeos na web, ou se queres facer visualizacións especiais. Tamén incorporamos tenda se precisas dela, ou outro tipo de utilidades, como módulos de xestión de reservas, bases de datos de usuarios, etcétera.
Outros campos nos que temos boa experiencia:
• fidelización e gamificación online
• webs comerciais e landings
• visualización de datos na web
• creación de comunidades online
• procesos de crowdfunding