Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Servizos de consultaría TIC: vixilancia competitiva, desenvolvemento de páxinas web e outras aplicacións, definición de estratexias de posicionamento en redes sociais, etc.

Doutor Cadaval, 5 oficina 4, Vigo (Pontevedra)
Tlfn: 986419922

[{"razon_social":"S.A.","enderezo_social":"Doutor Cadaval, 5 oficina 4","localidade":"Vigo","telefono":"986419922","latitud":"0","longitud":"0","nome_entidade":"Estrategia y Organizaci\u00f3n, S.A. (EOSA)"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Vigo

Solución(s) TIC

Vixilancia estratéxica

Cada vez cobra maior relevancia no mundo empresarial a necesidade de estar ao tanto de todo aquilo que poida influír directa ou indirectamente na actividade desenvolvida. Saber acceder ao coñecemento necesario en cada momento, así como utilizalo correctamente son os principais obxectivos que persegue para logralo a vixilancia estratéxica (vixilancia tecnolóxica + vixilancia competitiva + vixilancia da contorna + vixilancia comercial).

Pois ben, o servizo de vixilancia estratéxica, que EOSA está en disposición de ofrecer, recolle esforzos en materia de vixilancia tecnolóxica (avances científicos e técnicos, tecnoloxías e sistemas de información, etc), vixilancia do entorno (normativa, etc), vixilancia comercial (clientes, mercados, etc) e vixilancia competitiva (competidores, etc).

Para a execución do servizo emprégase un software de vixilancia, desenvolvido sobre Drupal e por tanto en software libre de código aberto e de libre distribución.

A metodoloxía empregada para a execución do servizo recolle os seguintes pasos:

  • Definición de necesidades
  • Busca e recollida de información
  • Tratamento da información
  • Difusión e protección da información
  • Actualización do sistema
  • Proceso de decisión

Desenvolvemento de webs corporativos

O servizo de desenvolvemento de webs corporativos basease na seguinte metodoloxía:

  • Definición de obxectivos e target das webs
  • Definición da estrutura e lóxica de navegación
  • Deseño gráfico
  • Definición de funcionalidades
  • Entorno de desenvolvemento
  • Provisión de contidos

WEB

Xestión de redes sociais

O servizo de xestión de redes sociais basease na seguinte metodoloxía:

  • Definición da estratexia de posicionamento en redes sociais
  • Definición de obxectivos e target das redes sociais
  • Comunicación: linguaxe, etc.
  • Promoción
  • Seguimento de indicadores
  • (...)