Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Desarrollo web, diseño gráfico y multimedia

Avda Montevideo, 1 - 2º C, Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 981577250

[{"razon_social":"Primate Multimedia Ib\u00e9rica, SL","enderezo_social":"Avda Montevideo, 1 - 2\u00ba C","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"981577250","latitud":"0","longitud":"0","nome_entidade":"Primate"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

Deseño e desenvolvemento de portais web orientados a destinos turísticos

Produción de portais web a partir de xestor de contidos de desenvolvemento propio, orientado a estándares e trasversalidade. Deseño de imaxe de marca en Internet, produción e maquetación de modelos. Deseño de estratexia de comunicación baseada en plataformas TIC colaborativas. Integración con ferramentas de xeoposicionamento.

Magento

Magento é unha plataforma web de comercio electrónico. Esta plataforma proporciona a escalabilidade, flexibilidade e funcionalidades para acompañar ás empresas no seu crecemento. Ofrece ás empresas un gran control sobre o contido, a presentación e as funcionalidades da súa canle comercial en liña. Posúe un panel de administración moi amigable e intuitivo que permite unha xestión integral da tenda online sen posuír maiores coñecementos técnicos. Características xerais: administración do sitio, promocións e ferramentas de márketing, posibilidade de internacionalización (multiidioma) da tenda, pagos en liña, administración de catálogos, etc. Destaca por ter unha estrutura interna limpa que favorece o posicionamento en buscadores. Magento ten como punto forte a creación de múltiples tendas dende unha mesma interface de administración. A interface de administración é unha das máis completas dispoñibles no mercado. A integración dos deseños gráficos elaborados polos profesionais faise dunha forma limpa e sinxela. Magento distribúese con licenza OSL.

Wordpress

Wordpress é un sistema de xestión de contido incialmente enfocado á creación de blogues aínda que grazas aos innumerables complementos e extensións existentes pode considerarse un completo sistema de xestión de contidos. As causas do seu enorme crecemento son, entre outras, a súa licenza, a súa facilidade de uso e as súas características como xestor de contidos. Tamén unha das causas, é a súa enorme comunidade de desenvolvedores e deseñadores, que se encargan de crear plugins e themes para a comunidade. Distribúese con licenza GPL

Moncake: CMS + central de reservas

Moncake é un CMS de desenvolvemento propio orientado ao turismo + central de reservas. 100% na nube, social e movil. 

Multiproveedor e multiproducto, moncake cobre todas as necesidades no proceso de venda online de produtos turísticos. Xestión de provedores, tarifas, dispoñibilidade, paquetización dinámica, xestión de usuarios, facturación, mercadotecnia online, etc. 

Moncake adáptase a varios tipos de negocio turístico, xa sexa de aloxamento: hoteis, casas de turismo rural, cámpings, cadeas hostaleiras etc, como actividades turísticas de calquera índole, todo iso con pasarela de pago e emisión de bono reserva no momento de compra, podendo elixir entre varias modalidades de pago (pasarela, paypal, efectivo, pago en destino, etc)

Conta con importantes ferramentas de mercadotecnia, como blog, axenda cultural e sistema de envío de enquisas automático para os clientes

A nivel web, un deseño a medida, totalmente responsive (adaptado a mobiles), e en perfecta sintonía coa identidade do seu negocio.

Sen comisións por venda, nin cotas ao mes. Un produto que conta con mais de 5 anos no mercado, rodado en destinos, hoteis, axencias de viaxes, etc. cunha personalización a medida segundo as necesidades do seu negocio

Bits for Meetings

Bits for meetings é un xestor de aplicacións móbiles para eventos. iOS e Android, 100% nativas, con todo o contido na nube. A aplicación do seu evento, feira, taller ou congreso personalizada coa súa imaxe, publicada en tempo marca en App Store e Google Play.

Bits for Meetings está creado por un equipo con ampla experiencia no desenvolvemento de aplicacións multimedia. É o resultado de anos de investigación, deseño, creación e, para que negalo, de moitas carreiras contra reloxo!

Por iso entendemos de présas e o valor de resolver situacións. De lanzamentos e de datas inamovibles. Cada fase do proceso de creación e xestión da aplicación está exposto tendo en conta os problemas do mundo real e os seus condicionamentos.

Bits for Meetings é un produto estandarizado, optimizado para cumprir con prazos de entrega axustados e, á vez, personalizable e adaptable a calquera situación. Tes un evento? un congreso? queres ir un paso mais alá do folleto e a web? Contacta connosco e seguramente che poderemos axudar.