Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Arantia, empresa que pertence á Corporación Televés, é unha compañía especializada na fabricación, desenvolvemento e implantación de plataformas IPTV extremo a extremo e solucións de Televisión Dixital Interactiva para Operadores e Proveedores de Servizos, incluindo equipamento de cabeceira IPTV, Servidores VOD, Middleware, STBs IP e híbridos, e solucións integradas para distribuir servizos de televisión e vídeo interactivos, Internet de alta velocidade, Voz sobre IP e Sinalización Dixital cunha potente rede de soporte e servizo a clientes con cobertura global.

C/ Volta do Castro, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 902209040

[{"razon_social":"Arantia 2010, SLU","enderezo_social":"C\/ Volta do Castro, s\/n","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"902209040","latitud":"42.8646","longitud":"-8.5681","nome_entidade":"Arantia"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

Arantia TV

Plataforma de televisión dixital interactiva que permite o acceso a servizos de televisión IP, videoclub, música, gravacións, información, internet, noticias, mensaxes, xogos e outros servizos de información e entretemento. O desenvolvemento da plataforma é totalmente personalizable, permitindo ofrecer ao usuario final do sistema de todo tipo de contidos adicionais aos programas de televisión, como a información asociada, programación de gravacións na rede ou o no dispositivo final de usuario, servizos de streaming, compra de produtos, acceso a información en rede, integración con dispositivos persoais (segunda pantalla) e integración con outros dispositivos e sistemas, tales como automatización domótica (guest room control) ou telefonía IP, entre outros.

Arantia TV englobado nunha única plataforma de IPTV todos os servizos necesarios para atender as necesidades dos seus clientes en todo tipo de proxectos, incluíndo hoteis, hospitais, operadores, empresas e edificios residenciais, ademais de proporcionar novas ferramentas para mellorar as operacións do negocio.

Arantia TV ofrece aos operadores, empresas, edificios singulares e todo tipo de proxectos de edificación os elementos necesarios para a implantación de servizos de IPTV, Vídeo Baixo Demanda e todo tipo de servizos interactivos de valor engadido.

Unha plataforma aberta, escalable e totalmente personalizable de acordo coas necesidades de cada proxecto:

  • Arquitectura aberta deseñada para facilitar a implantación de novos servizos de IPTV e as labores de xestión e operación das aplicacións.
  • Arquitectura modular e escalable en número de dispositivos, usuarios e servizos.
  • Flexibilidade para soportar diferentes escenarios e modelos de negocio.
  • Interface de usuario totalmente personalizable e adaptable.

Para máis información póñase en contacto connosco ou consulte o enlace http://www.arantia.com/producto/arantia-tv

Arantia IPTV Headend

As cabecerais de IPTV de Arantia son a solución máis eficiente do mercado para a recepción e streaming de canles IPTV, permitindo ós Operadores, sector Hospitality, Corporacións, edificios administrativos e proxectos singulares, distribuir servizos avanzados de IPTV e TV Digital (DVB-S/S2, DVB-T/T2, DVB-C, ISDB-T) coa máxima calidade e fiabilidade.

O gateway IPTV de Arantia HE-21 é a solución idónea para operadores de TV independentemente do seu tamaño, migrando a unha distribución en IP tanto sobre ADSL/VDSL, FTTH ou Cable. Permite ademáis a difusión de canles analóxicos e dixitais simultáneamente, permitindo a distribución de canles en IP na redr troncal e mellorando a eficiencia na utilziación de largo de banda.

Integra todas as funcións nun único chasis, permitendo a selección de múltiples entradas e saídas, incluindo un amplo rango de interfaces de entrada, descrambling, rescrambling e remultiplexado, facilitando a agregación de servizos para a súa distribución en todo tipo de redes da forma máis eficiente.

Para máis información consulte o enlace http://www.arantia.com/producto/iptv/cabecera-compacta ou póñase en contacto connosco.

STB Chronos

Set-Top Box avanzada, interactiva e potente que permite proporcionar alta definición e incluir nun mesmo equipo funcións de IPTV e Sinalización Dixital. Especialmente deseñada para recibir servizos IP xunto coa capacidad de desenvolver aplicacións e servizos interactivos grazas ó seu navegador incorporado.

Características Principais

  • Plataforma MPEG2 e MPEG4 AVC / H264
  • Resolución de alta definición ata 1080p60
  • Interface de usuario avanzado a través do navegador integrado
  • Interface HDMI con protección de copia HDCP. Doble USB 2.0 de alta velocidade
  • Interface de TV interactiva (TVI) e extensor IR
  • Configuración e xestión remota
  • Software baseado en estándares abertos
  • Arquitectura de software modular listo para o desenvolvemento de novos servizos e funcionalidades
  • Navegador HTML5 con API JavaScript extendida
  • Deseño ecolóxico cun consumo de enerxía moi baixo (~ 3W).

Para máis información póñase en contacto connosco ou consulte o enlace: http://www.arantia.com/producto/iptv/stb-chronos

Arantia DS

ARANTIA DS é unha novedosa ferramenta de comunicación que, grazas á máis innovadora tecnoloxía audiovisual, permítelle combinar imáxenes, vídeo, canles de televisión, audio, texto, contido en liña como noticias RSS ou información meterorolóxica, contido web ou contido de redes sociales, entre outros, para transmitir a súa mesaxe dunha forma máis efectiva.

ARANTIA DS é unha ferramenta de marketing dinámico que lle permitirá comunicarse dunha forma máis efectiva cos seus clientes e empregados mediante unha serie de pantallas que, interconectadas mediante unha rede LAN ou WAN, amosarán os contidos multimedia que vostede programou previamente. Pode facer que todas as pantallas mostren o mesmo contido de forma sincronizada, ou que cada pantalla ou grupo de pantallas mostren un contido distinto.

A Solución Digital Signage de Arantia, utiliza o STB a modo de player, permitindo baixo unha mesma arquitectura ter as solucións IPTV e DS, o que representa un aforro importante no sistema ao tempo que dótao dunha grande flexibilidade.

O sistema de Arantia DS dispón dun software de xestión intuitivo e fácil de usar, a través do cal pódense crear, xestionar e distribuír os contidos a través do sistema. Para o deseño desta nova aplicación, o equipo de Arantia baseouse na súa experiencia tanto en IPTV como en Digital Signage, desenvolvendo así un novedoso sistema que permite combinar á perfección as ventaxas dun sistema IPTV orientado ó entretemento en determinados puntos coas necesidades de comunicación directa co cliente que predominan noutras áreas.

A través da ferramenta de administración do sistema, poderá xestionar os players (STB) tanto de forma individual como en grupos, crear atractivos contidos grazas ás plantillas predefinidas así como programar a reprodución destes eventos nun sinxelo calendario que permite axustar os contidos en función do tipo de público esperado nas diferentes ubicacións das pantallas ou das distintas franxas horarias do día.

Para máis información póñase en contacto connosco ou consulte o enlace http://www.arantia.com/producto/senalizacion-digital

Encoders

Encoders CVBS-IP y HDMI-IP, encargados de procesar sinais en video analóxico ou dixital e conversión a IP para a súa distribución na rede.

Todos os encoders disponibles inclúen unha potente ferramenta de xestión na cual pódese variar tanto as direccións IP de saída como o tipo de codec a utilizar coa fin de proporcionar un amplo abanico de posibilidades e integración con outros equipos.

Para máis información póñase en contacto connosco ou consulte o enlace http://www.arantia.com/producto/iptv/encoders

Arantia VOIP

Arantia ofrécelle unha plataforma global de telefonía IP que integra todas as funcionalidades necesarias para o soporte dos servizos telefónicos do seu negocio, coa máxima fiabilidade, escalabilidade e unha ampla oferta de servizos de valor engadido, incluíndo: VoIP PBX, Fax, Mesaxería Instantánea, E-mail, Servizos colaborativos e Call-Center.

A plataforma VoIP ofrece unha potente ferramenta hardware e software para a mellora na xestión do seu negocio, permitindo incrementar a productividade, reducir os costes e ofrecer todo un mundo de novos servizos de valor engadido que melloran a imaxen de marca e o servizo ao cliente.

Para máis información póñase en contacto connosco ou consulte o enlace http://www.arantia.com/producto/voip.