Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Quobis ofrece consultoría experta en tecnoloxías emerxentes de comunicacións unificadas baseada en estándares abertos. Enfócase na prestación de servicios a operadores de telecomunicaciónes e xestores de grandes redes, que buscan novas oportunidades de crecemento, ocupando así un posto de liderado nese ámbito.

Polígono Industrial A Granxa, parcela 260, O Porriño (Pontevedra)
Tlfn: 902999465

[{"razon_social":"Quobis Networks SLU","enderezo_social":"Pol\u00edgono Industrial A Granxa, parcela 260","localidade":"O Porri\u00f1o","telefono":"902999465","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"Quobis Networks"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • O Porriño

Solución(s) TIC

IdentityCall

Sistema de autenticación de chamadas de voz baseado no DNI electrónico.  Esta solución dota ós sistemas de VoIP da posibilidade de garantizar a identidade dos interlocutores, co que se simplifican os procesos actuais de identificación telefónica e permite aplicar os sistemas de voz a situacións que requerían encontros presenciais.

Click to Call Application Server

Click to Call Application Server é un xestor de emisión de chamadas de voz, a través de sistemas VoIP, que permite conectar distintos aplicativos á rede de telefonía corporativa. Esta solución unifica o fluxo de comunicacións ao mesmo tempo que simplifica a súa accesibilidade aos seus usuarios. Esta solución permite cursar chamadas a través do sistema de telefonía VoIP dende as distintas aplicacións corporativas da compañía e dende calquera terminal telefónico, tanto interno coma externo. Ademais de simplificar as comunicacións saíntes unifica as chamadas realizadas por usuarios da corporación dende o exterior e facilita as comunicacións cos clientes. Isto tradúcese nun incremento da produtividade do usuario e un mellor proveito dos recursos telefónicos.

Multi-Tenant Recording System

Multi-Tenant Recording System é unha plataforma de gravación de chamadas de voz integrable en sistemas de telefonía VoIP. Esta plataforma dota aos sistemas de telefonía VoIP da posibilidade de gravar chamadas. A súa xestión é moi sinxela a través dunha interface web, que é personalizable con base en modelos. O sistema é escalable e integrable coas distintas centrais de redes VoIP, e pode ser explotado coma unha aplicación multi-propietario dende o propio operador de telefonía. A interface da plataforma permite ao administrador a consulta das gravacións almacenadas no sistema, con opcións de busca parametrizables.