Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Ubiplay Mobile ofrece una solución integrada para el desarrollo de aplicaciones móviles en Android e iOS. Ubiplay Mobile es una empresa de desarrollo de software situada en Brión (A Coruña), una localidad muy próxima a Santiago de Compostela. Estamos especializados en el desarrollo de aplicaciones y juegos para dispositivos móviles Android e iOS. Desde 2011, venimos acumulando experiencia desarrollando tanto apps como plataformas de servicios y webs, con diferentes propósitos y basados en diferentes pilas tecnológicas. Nuestra metodología de trabajo se centra en las necesidades del cliente. Se trata de involucrar al cliente, integrarlo lo máximo posible desde las primeras etapas del ciclo de vida de creación del software. Esto permite construir productos validados por el cliente desde el punto de partida. Además, en Ubiplay Mobile desarrollamos nuestra propia tecnología. Se trata del Motor de Creación de Aventuras para Dispositivos Móviles Ubiplay Engine. Consiste en un editor visual que permite definir aventuras enlazando escenas a través de retos. Los contenidos pueden ser de cualquier tipo (texto, imágenes, vídeo?). Los retos pueden ser muy variados (responder una pregunta, ir a un lugar, correr, saltar?). Para más información, ponte en contacto con nosotros o visita nuestra web, www.ubiplaymobile.com.

Brans de Abaixo 24, Brión (A Coruña)
Tlfn: 665262918

[{"razon_social":"Ubiplay Mobile SL","enderezo_social":"Brans de Abaixo 24","localidade":"Bri\u00f3n","telefono":"665262918","latitud":"42.8732","longitud":"-8.66707","nome_entidade":"Ubiplay Mobile"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Brión

Solución(s) TIC

Desenvolvemento de aplicacións para teléfonos móbiles

Convertemos as túas ideas en realidades a través dun completo servizo de chave en man, é dicir, simplemente terás que ocuparte de explicarnos o que precisas.

O noso equipo encargarase de estudar o teu proxecto, asesorarte tanto a nivel técnico como creativo e de negocio, para axudarche a axustar as túas necesidades e o teu presuposto, e sobre todo para acadar unha aplicación que cumpra as túas expectativas.

Este servizo está especialmente deseñado para aqueles clientes que non dispoñen dun equipo de desenvolvemento propio, ou simplemente prefiren despreocuparse do mesmo e externalizalo completamente coas máximas garantías.

De tódalas tarefas que implica a creación e distribución de aplicacións para móbiles tan só te terías que preocupar daquilo referente o teu negocio. Do resto encargámonos nós:

  • Creatividades gráficas e deseño.
  • Interface de usuario.
  • Programación da aplicación.
  • Programación dos servidores e BBDD
  • Conectividade con sistemas de terceiros.
  • Alta de aplicacións en Market Places (iOS e Android).
  • Distribución:
    • ASO
    • Advertising
  • Mantemento:
    • Actualizacións
    • Servidores

Bundle Apps & White Label Market Places

As bundle apps son aplicacións contedoras de contidos diversos. Por exemplo, imaxínate que es unha editorial de libros de cociña e queres facer unha versión interactiva dunha colección de libros de distintos países. Cada obra (Cociña Thai, Cociña Española, Cociña Xaponesa, ...) sería un novo servizo que poderías ofrecer dende o marketplace que ven integrado dentro da bundle app. Así, poderías comezar cunha oferta de 2 ou 3 libros interactivos e ir ampliando o catálogo ó longo do tempo. Ademais poderías avisar ós usuarios dos novos contidos mediante notificacións push.

Grazas a integración con ferramentas de analítica tamén poderías saber que títulos son os máis exitosos, e incluso que receitas son revisadas e compartidas con máis frecuencia. Este coñecemento adquirido poderíase empregar á hora de crear novas obras.

Este é un servizo especialmente deseñado para organizacións que queren ofrecer contidos e servizos novos a través de smartphones de forma recorrente.

Os principais beneficios das Bundle Apps son:

  • Ó agrupar os servizos da túa marca nunha única app, aforraras en gastos de mantemento.
  • Evitarás retrasos debidos ós períodos de validación dos markets de aplicacións.
  • Á hora de lanzar servizos novos non partiras de cero, aproveitarás o alcance que che brinda a túa comunidade actual de usuarios.
  • Concentrarás a túa inversión promocional, obtendo un maior alcance para todos os teus servizos.
  • Ofrecerás unha imaxe unificada para os teus servizos.
  • Poderás combinar servizos gratuítos con outros de pago nun mesmo marketplace exclusivo para a túa marca.

En resumen, cunha única aplicación terás unha canle de distribución propia, na que ir ofrecendo novas obras sen precisar lanzar aplicacións novas.

Outros exemplos poderían ser guías turísticas, ou aplicacións de gobernanza para concellos, nos que a través dunha mesma aplicación poden ofrecer servizos como rutas por puntos de interese, información de tráfico, ofertas de emprego, etc. É dicir créase un único punto de acceso dende o cal os cidadáns poderán acceder a tódolos servizos do seu concello.

Solución para turismo e tempo libre

Trátase dun servizo especialmente deseñado para pór en valor espazos de interese.

Facilítalle ós usuarios o acceso á información xeolocalizada relativa a puntos de interese ou servizos e permite construír rutas personalizadas e dinamizar a experiencia a través de xincanas e xogos para teléfonos móbiles.

Conta cunha interface totalmente adaptable ás necesidades de calquera tipo de usuario (novos ou persoas maiores). A través dela os lugares adquiren significados novos mediante a asociación dun conxunto de información multimedia  tales como audio, vídeos, textos ou retos que permiten que o usuario se entreteña ó mesmo tempo que aprende cousas sobre o lugar que visita.

Para que?

Trátase de aportar información relevante no lugar e momento axeitado, é dicir, o usuario demándaa e polo tanto outórgalle atención.

Coa nosa solución dotamos de contexto interactivo eses puntos de interese dunha forma sostible (non é preciso engadir carteis físicos xa que a aplicación detecta automaticamente que o usuario se atopa no punto de interese), sempre dispoñible e actualizada.

Máis ala da faceta informativa, a nosa solución permite xerar unha historia que será vivida en tempo real. Para elo enlázanse distintos puntos de interese mediante xogos, contidos multimedia ou interaccións con outros usuarios. Estas historias xeran unha experiencia máis completa e inmersiva que o motivan a seguir descubrindo o lugar que visita.

Para quen?

  • Concelleiras de Turismo, Museos ou Institucións que queren pór en valor un conxunto de puntos de interese ou diferenciarse doutros destinos.
  • Hoteis que queren pór en valor o seu entorno, establecer sinerxías con outros establecementos da súa zoa e crear un vínculo permanente cos seus hóspedes
  • Calquera asociación que queira pór en valor unha determinada rexión ben sexa pola súa riqueza gastronómica, vitivinícola, turística, etc