Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Desde fai máis de doce anos dedícanse a desenvolver proxectos en internet. Desde sitios presenciais ata aplicacións complexas, distribuídas, orientadas a servizos, mashups ou intranets, o seu obxectivo é achegar a súa experiencia e coñecementos para obter resultados visibles en internet, desenvolvendo ferramentas que permitan aos seus clientes ser máis competitivos neste medio e obter o máximo retorno da súa inversión. Os seus clientes pertencen a dous grupos: o primeiro deles delega neles a responsabilidade de toda a súa estratexia en internet para a súa empresa ou proxecto, deixando nas súas mans o desenvolvemento completo; o segundo, busca unha colaboración nun aspecto determinado, sexa desenvolvemento, deseño, integración, bases de datos, etc.

Rúa Sor Joaquina, 6 - Entreplanta, A Coruña (A Coruña)
Tlfn: 981160133

[{"razon_social":"CORUNET S.L.","enderezo_social":"R\u00faa Sor Joaquina, 6 - Entreplanta","localidade":"A Coru\u00f1a","telefono":"981160133","latitud":"43.3734","longitud":"-8.41987","nome_entidade":"Corunet"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • A Coruña

Solución(s) TIC

Typo3

TYPO3 é un framework para a xestión de contidos empresarial con gran madurez (utilizado por máis de 122 000 servidores por todo o mundo) cunha gran comunidade de usuarios de aproximadamente 27 000 usuarios en 60 países. Grazas ao seu completo conxunto de módulos estándar é posible crear en poucos pasos un portal web para unha pequena ou mediana empresa, mais a súa arquitectura permite desenvolver portais de ampla envergadura adaptado completamente ás necesidades máis complexas da empresa ou organización. Typo3 ofrece un completo sistema de xestión de permisos de usuario para implementar fluxos de traballo e edición de contidos profesional. A súa difusión pódese comprobar na cantidade de casos de éxito coñecidos (tanto de nivel internacional como español). Para unha consulta máis extensa doutros casos de éxito pódese acceder á seguinte URL: http://www.t3blog.com/. Distribúese con licenza GPL.