Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Dimensiona é unha empresa innovadora, creada no ano 2000, que está especializada na consultoría informática e na prestación de servizos no ámbito das tecnoloxías da información e comunicación a profesionais, empresas, asociacións e administracións públicas coa creación de ferramentas de xestión personalizadas e o deseño e desenvolvemento de proxectos web e de comunicación na rede. Liñas de actividade Consultoría e asesoramento en tecnoloxías da información e da comunicación. Desenvolvemento de aplicacións a medida. Solucións de comunicación en internet baseadas en sóftware libre; deseño, montaxe e mantemento de sitios web. Servizos de outsourcing.

Rúa Londres, 1, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 981564579

[{"razon_social":"Dimensiona Consultor\u00eda Tecnol\u00f3xica S.L.","enderezo_social":"R\u00faa Londres, 1, baixo","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"981564579","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"Dimensiona"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

Solucións de comunicación en internet

O catálogo de servizos integra: ? Consultoría en comunicación e posicionamento na rede. ? Definición da arquitectura da información e navegabilidade de sitios web; deseño gráfico e integración de imaxe corporativa. ? Tratamento de contidos e BD. ? Desenvolvemento de ferramentas de busca e almacenaxe de recursos ? Módulos de explotación estatística ? Mantemento tecnolóxico ou informativa. ? Creación de intranets; xestión de dominios e aloxamento.

Typo3

TYPO3 é un framework para a xestión de contidos empresarial con gran madurez (utilizado por máis de 122 000 servidores por todo o mundo) cunha gran comunidade de usuarios de aproximadamente 27 000 usuarios en 60 países. Grazas ao seu completo conxunto de módulos estándar é posible crear en poucos pasos un portal web para unha pequena ou mediana empresa, mais a súa arquitectura permite desenvolver portais de ampla envergadura adaptado completamente ás necesidades máis complexas da empresa ou organización. Typo3 ofrece un completo sistema de xestión de permisos de usuario para implementar fluxos de traballo e edición de contidos profesional. A súa difusión pódese comprobar na cantidade de casos de éxito coñecidos (tanto de nivel internacional como español). Para unha consulta máis extensa doutros casos de éxito pódese acceder á seguinte URL: http://www.t3blog.com/. Distribúese con licenza GPL.

Wordpress

Wordpress é un sistema de xestión de contido incialmente enfocado á creación de blogues aínda que grazas aos innumerables complementos e extensións existentes pode considerarse un completo sistema de xestión de contidos. As causas do seu enorme crecemento son, entre outras, a súa licenza, a súa facilidade de uso e as súas características como xestor de contidos. Tamén unha das causas, é a súa enorme comunidade de desenvolvedores e deseñadores, que se encargan de crear plugins e themes para a comunidade. Distribúese con licenza GPL