Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Egalcom nace en marzo de 2004 co obxectivo de ofrecer asesoramento especializado ao tecido comercial e empresarial no ámbito das telecomunicacións e a informática, involucrándose no deseño, implantación e mantemento de solucións a medida das necesidades de cada cliente. Coa especialización e a implantación dos sistemas informáticos, a empresa situouse no campo do desenvolvemento de solucións avanzadas de sóftware libre, cun equipo de consultores e desenvolvedores con experiencia e formación en tecnoloxías de última xeración. A empresa prové de todo tipo de solucións, tanto a clientes privados como a administracións, e comercializa a implantación dos seus produtos de sóftware libre máis implantados e utilizados como DeporXest, Xerpa, Teveos ou Evoa. Cunha experiencia contrastada e un portfolio de clientes moi selecto, Egalcom consolidouse como unha das empresas de sóftware libre máis activas de Galicia, se necesita unha solución informática Egalcom pode axudarlle. O coñecemento a fondo do traballo dos seus clientes é a garantía do seu éxito.

Avda de Algeciras 39 Entlo, Neda (A Coruña)
Tlfn: 902998518

[{"razon_social":"Egalcom","enderezo_social":"Avda de Algeciras 39 Entlo","localidade":"Neda","telefono":"902998518","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"Egalcom"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Neda

Solución(s) TIC

DeporXest

A xestión de actividades e instalacións deportivas e culturais representa un claro exemplo onde a aplicación das TIC resultan case imprescindibles Vantaxes: ? Mellora da calidade da xestión e do servizo ofertado mediante a obtención de informes, estudos e estatísticas. ? Xestión distribuída, dende múltiples postos e en calquera lugar. ? Acceso público á información a través de Internet. Distribuída con licenza BSD

Xerpa

Xerpa é un ERP para empresas de ata 250 empregados. A característica máis destacada é a estrutura modular que permite a selección dos módulos que cada peme require. https://forxa.mancomun.org/projects/xerpa/