Acceder al contenido principal

Provedor TIC

A actividade de Egatel céntrase no desenvolvemento e fabricación de equipos de última xeración para a radiodifusión de TV.A gama de produtos, destinados ao mercado broadcast profesional, abarca transmisores e reemisores de todas as potencias de RF para os principais estándares de TV Dixital Terrestre.

Avda. de Ourense, n1- Parque Tecnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas (Ourense)
Tlfn: 988368118

[{"razon_social":"EGATEL SL","enderezo_social":"Avda. de Ourense, n1- Parque Tecnol\u00f3xico de Galicia","localidade":"San Cibrao das Vi\u00f1as","telefono":"988368118","latitud":"42.296","longitud":"-7.80268","nome_entidade":"Egatel SL"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • San Cibrao das Viñas

Solución(s) TIC

SmartLNB

O 'smart LNB' é un terminal satélite de última xeración equipado con un novidoso transceptor conectado á antena parabólica. O transmisor baséase nun estándar aberto e emprega un enlace de retorno de banda estreita optimizado para transmisións curtas cun ciclo de traballo baixo. Grazas ao seu formato eficiente é compatible e pódese instalar con calquera parabólica estándar.

Foi deseñado como unha solución de baixo custo para proporcionar servizos interactivos e aplicacións M2M a millóns de usuarios.É totalmente compatible cos terminais que xa estén actualmente instalados nos fogares, polo que se poderá acceder a todas as aplicacións que 'smart LNB' ofrece mediante unha sinxela actualización.

Con unha fácil instalación e manexo, os usuarios poden empezar a disfrutar do amplo catálogo de aplicacións en poucos e sinxelos pasos.

Eutelsat, un dos principais operadores de satélites e proveedor clave de servizos de radiodifusión e banda ancha concebiu o terminal 'Smart LNB' para a nova xeración de servizos bidireccionais a través da plataforma de televisión conectada e aplicacións M2M.

Egatel, en colaboración con Eutelsat, desenvolveu o 'Smart LNB' que xa está dispoñible no mercado.