Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Situm centra a súa actividade no deseño e desenvolvemento de tecnoloxías de localización e navegación en interiores. O seu sistema, que actualmente se pode atopar en varios países de todo o mundo, é capaz de ofrecer a máxima precisión sen necesidade de realizar ningún tipo de instalación, valéndose unicamente da infraestrutura existente.

Edificio Emprendia, Campus Vida s/n, Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 881977059

[{"razon_social":"Situm Technologies S.L.","enderezo_social":"Edificio Emprendia, Campus Vida s\/n","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"881977059","latitud":"42.8724","longitud":"-8.5628","nome_entidade":"Situm"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

Localización e navegación en interiores

Situm prové a maior precisión de posición en interiores, incorporando, ademais, detección automática de planta. A tecnoloxía multisensorial fai uso da infraestrutura preexistente, evitando os custos de adquisición e mantemento de novo hardware. Ademáis, a ferramenta de calibración sen pausas de Situm permite o mapeo de calquera lugar en cuestión de minutos.

A tecnoloxía de Situm foi seleccionada por prestixiosas multinacionais e está presente no mundo real en múltiples lugares e aplicacións, ofrecendo unha maior precisión e unhas reducións de custos de ata un factor de 10 fronte a outras solucións de localización interior menos avanzadas. Ademais, grazas ao SITUM SDK, dispoñible para Android e iOS, é posible integrar ou crear rapidamente novas aplicacións baseadas na localización que proporciona Situm.