Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Igalia é unha empresa de software Libre europea con sede en Galicia, composta por 38 desenvolvedores de 7 países diferentes. Igalia ofrece consultoría, desenvolvemento e formación. As principais áreas de negocio son: * Navegadores web e WebKit: Igalia conta con un equipo de desenvolvedores expertos en desenvolvemento de navegadores. Actualmente, Igalia está entre as cinco empresas que máis colaboran no motor de desenvolvemento de navegadores WebKit, utilizado por Google Chrome e Safari. * Gráficos: Igalia ofrece servizos en gráficos, sobre todo en rendering e optimización. Igalia conta con un equipo que colabora na pila de tecnoloxías de gráficos de Linux. * Compiladores: Igalia ofrece servizos de optimización do rendimento en compiladores, como JavaScriptCore ou V8.

R/ Bugallal Marchesi, 22, 1º, A Coruña (A Coruña)
Tlfn: 981913991

[{"razon_social":"Igalia S.L.","enderezo_social":"R\/ Bugallal Marchesi, 22, 1\u00ba","localidade":"A Coru\u00f1a","telefono":"981913991","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"Igalia"},{"razon_social":"Igalia S.L.","enderezo_social":"R\u00faa Italia 35-37 oficina 9","localidade":"Pontevedra","telefono":"981913991","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"Igalia"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • A Coruña
  • Pontevedra

Solución(s) TIC

Desenvolvemento sobre WebKit. Navegadores

Igalia lidera o desenvolvemento de proxectos esenciais e compoñentes nas áreas de renderización web e navegadores. Con 5 persoas con permisos de revisión e 15 con permisos de commit en WebKit, Igalia conta co equipo máis experimentado no negocio de consultoría.

NavalPlan

NavalPlan é unha aplicación web de planificación de proxectos, orixinalmente desenvolvida para o sector Naval, pero que é especialmente útil para calquera tipo de empresas cun fluxo de traballo que requira a xestión, planificación e control de proxectos e pedidos. . Con NavalPlan unha empresa pode planificar de xeito conxunto os proxectos da empresa, monitorizar a empresa, facendo o seguimento do progreso, materiais e horas adicadas en cada unha das tarefas, controlar os proxectos, os seus custos, desvíos e capacidade da empresa como apoio para a toma de decisións estratéxicas, organizas as tarefas e a capacidade produtiva dos recursos e a súa relación coas tarefas dos proxectos, e finalmente conectar e integrar NavalPlan co seu ERP e con outras empresas. Conta coas seguintes funcionalidades: - Xestión multiproxecto. Ofrece unha visión global da empresa xestionando varios proxectos que comparten recursos - Asignación de recursos por grupos baseados en criterios. - Calendarios flexibles. - Gráficos de Gantt configurables desde unha estrutura de descomposición de traballo (EdT). - RBS: Gráfico de árbore de recursos. - Control de sobreasignación de recursos. - Técnica do valor ganador. - Análise de custos baseados en partes de traballo Integración con outras instancias de NavalPlan e outras aplicacións. - Outras funcionalidades: materiais, formularios de calidade, cadros, escenarios, múltiples modos de medir o progreso... Distribúese baixo licenza AGPL3.

Servizo de desenvolvemento e optimización de gráficos

A pila de tecnoloxías gráficas é unha das partes máis críticas de cada solución con interface de usuario, e pode marcar a experiencia que un usuario pode ter con un producto. Igalia conta con anos de experiencia en optimización compoñentes clave da pila gráfica de Linux.

Prototipo de catálogo de tenda en escaparate

Igalia, dentro dos proxectos desenvolvidos na área de negocio de interactividade, realizou prototipos de desenvolvemento de un produto de catálogo virtual baseado en visión por computador. Co uso de unha cámara de profundidade e un elemento proxector (TV, etc.) o usuario pode navegar por un catálogo de productos a través do escaparate da tenda e realizar a compra online mentres a tenda permanece pechada. Ver demo: https://people.igalia.com/elima/i11y-store-front-catalog.mp4

WebKit

WebKit é un motor de renderización web en Software Libre. É utilizado en distintos ámbitos, como son os principais navegadores (Safari, Google Chrome) a plataformas con navegadores enbebidos (iPhone, WebOS ou Android). Actualmente conta co 36% do mercado mundial con unha liña ascendente. Igalia contribúe activamente ó proxecto WebKit con máis de 3500 commits e 2000 revisións dende 2009, tocando aspectos críticos da plataforma como a Accelerated Compositing ou os backends multimedia utilizados por distintos ports de WebKit, como WebKitGTK+, WebKitEFL, QtWebKit ou WinCairo e Mac. Os desenvolvedores do noso equipo WebKit non son solo expertos en WebKit, senón que son enxeñeiros con gran coñecemento en embebidos, gráficos, deseño UI e multimedia. Tamén contamos con ampla experiencia creando, mantendo e optimizando ports de WebKit, sendo mantedores de WebKitGtk+ dende 2009 e mantendo partes importantes dos ports de EFL e Clutter.

Desenvolvemento e optimización de compiladores

Igalia é a consultora con máis experiencia na máquina virtual Javascript contribuíndo código tanto a V8 como a JSC. Igalia tamén aplica o seu coñecemento ao traballo en outras implementacións como Python, Scheme, Ruby ou Guile.