Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Sixtema é unha empresa especializada no desenvolvemento de ferramentas informáticas, especialmente referidas a Sistemas de Información Xeográfica, realidade aumentada, e aplicacións para dispositivos móbiles baseados en iOS e Android.

Edif. Área Central, 1º andar, L 25-J (Fontiñas,724), Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 981574724

[{"razon_social":"SOLUCIONES Y PROYECTOS DE INFORMACI\u00d3N, S.L.","enderezo_social":"Edif. \u00c1rea Central, 1\u00ba andar, L 25-J (Fonti\u00f1as,724)","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"981574724","latitud":"42.8826","longitud":"-8.52761","nome_entidade":"Sixtema"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

gvSIG

gvSIG é un proxecto de desenvolvemento de sistemas de información xeográfica en software libre, que inclúe principalmente as aplicacións gvSIG Desktop e gvSIG Mobile. gvSIG Desktop é un aplicativo de escritorio para a manipulación de información xeográfica con precisión cartográfica. Permite acceder a información vectorial e rasterizada así como a servidores de mapas que cumpran as especificacións do OGC. Esta é unha das principais características de GvSIG respecto doutros Sistemas de Información Xeográfica, o especial coidado na implementación de servizos OGC: WMS (Web Map Service), WFS (Web Feature Service), WCS (Web Coverage Service), Servizo de Catálogo e Servizo de Nomenclátor. É quen de traballar, entre outros cos seguintes formatos gráficos vectoriais GML, SHP, DXF, DWG, DGN, KML e formatos de imaxe rasterizada como MrSID, GeoTIFF, ENVI o ECW. gvSIG Mobile é unha evolución de gvSIG Desktop orientada a dispositivos móbiles, ideal para proxectos de captura e actualización de datos en campo. Caracterízase por dispoñer dunha interface amigable, e conta cun amplo número de ferramentas SIG e GPS ideais para traballar con información de natureza xeográfica. gvSIG Mobile é tanto un Sistema de Información Xeográfica como un cliente de Infraestruturas de Datos Espaciais para dispositivos móbiles. É o primeiro clientes destas características con licenza libre. Ambas ferramentas distribúense con licenza GPL.

Explorapp

Unha completa guía turística na palma da man: que ver, que facer, onde comer e durmir... ao alcance dos teus dedos.

Explorapp é unha guía de viaxes con información práctica e descritiva das actividades dun destino turístico, co seu directorio de hoteis, restaurantes, establecementos turísticos e información de contacto.

Proporciona aos turistas e visitantes ideas para planificar a viaxe ou escapada de fin de semana, sen perderse nada importante: como chegar, que lugares visitar, reservar un hotel, onde comer ou cear...

Senderapp

Un completo directorio de rutas e itineriarios a pé, en bicicleta, a cabalo ou en coche, con información sobre a lonxitude do percorrido, dificultade, desniveis, acompañados de mapas e recursos multimedia.

A app indica en todo momento a posición actual sobre o mapa, permitindo aos usuarios seguir o itinerario sen dificultade e sen perdernos. 

Turistas e visitantes poderán planificar as súas rutas e descargar previamente toda a información para empregala offline sen necesidade de conexión a internet.

Municipio Mobile

A app perfecta para trasladar un concello ao teu teléfono móbil:

  • Datos de contacto
  • A historia do concello
  • Información de interese para os veciños e turistas
  • Puntos de interese para visitar
  • Rutas de sendeirismo
  • Canle de comunicación de incidencias e suxestións.

 

QuedamosdeTapas

Plataforma para a promoción de concurso, rutas e eventos gastronómicos, desde a que se pode difundir o contido dos típicos concurso de tapas e pinchos.

Os organizadores dos eventos poden xestionar desde un panel toda a información: establecementos, oferta gastronómica de cada local, patrocinadores, bases, noticias... así como recibir información en tempo real do uso que se está facendo deses datos: votacións, locais e tapas máis consultados...

Os usuarios finais teñen a súa disposición unha app nas plataformas iOS e Android de uso gratuíto na que poden consultar todo tipo de datos asociados ós concursos: cando comeza, os horarios dos establecementos, que opinan outros usuarios, os ingredientes das tapas, os alerxenos...