Acceder al contenido principal

Provedor TIC

SocialWire Labs é unha spin-off ou EBT da Universidade de Vigo, nacida no seo do Laboratorio de Redes do Dpto. de Enxeñería Telemática. SocialWire Labs comercializa plataformas educativas e contornos de aprendizaxe social, aplicadas en toda a súa extensión á educación e a formación en xeral en todas as súas modalidades (presencial, semipresencial ou non presencial,,,,0,1,0,4), á aprendizaxe, tanto formal como informal, ao traballo e comunicación en grupos, e á xestión do coñecemento e o talento dentro dunha empresa ou organización. O seu produto de referencia é unha plataforma de e-learning con tecnoloxía de rede social, baseada no núcleo do proxecto de código aberto Elgg, pero que incorpora numerosas solucións desenvolvidas por eles especificamente para a formación, a aprendizaxe formal e informal e para servir de soporte á xestión do coñecemento. En particular, desenvolven a integración con Moodle, o que permite dotar a esta última da compoñente social e posibilidades da aprendizaxe informal das que carece. A súa plataforma é apta tamén para a comunicación interna (á empresa) e externa (relación con clientes e outras empresas e provedores) e para o traballo colaborativo dentro dunha empresa ou organización. Outra posibilidade da plataforma é a construción de tendas on-line especializadas nalgunha temática (libros, música, etc,) cunha importante compoñente de rede social ao seu arredor.

Rúa Rosalía de Castro, 30, 8º B, Vigo (Pontevedra)
Tlfn: 986812176

[{"razon_social":"SocialWire Labs","enderezo_social":"R\u00faa Rosal\u00eda de Castro, 30, 8\u00ba B","localidade":"Vigo","telefono":"986812176","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"SocialWire Labs"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Vigo

Solución(s) TIC

Moodle

Moodle é unha plataforma de formación en liña ou tamén coñecido como Sistema Xestor de Aprendizaxe. Moodle constitúe unha ferramenta web coa que os educadores van ser quen de xestionar e fomentar a aprendizaxe a través de internet. Entre as súas capacidades destacan: - Moodle é valido tanto para empregar en instalacións pequenas como nunha escola primaria como para dar resposta a implantacións de varios centos de miles de estudantes. - É posible empregalo para cursos totalmente en liña ou como ferramenta de apoio en cursos semipresenciais ou coñecido como ?blended learning?. - Dispón de módulos de actividades (tales como foros, wikis e bases de datos) que permiten construír comunidades ricas de colaboración da aprendizaxe en torno ao tema do curso dende unha perspectiva construtivista social, ou é posible tamén empregar a plataforma soamente como provedora de contidos ao alumnado a través de paquetes estándar SCORM e avaliar a aprendizaxe mediante tarefas ou exames. Distribúese con licenza GPL.

Plataforma SocialWire

Plataforma formación e e-learning social