Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Traballo con persoas con iniciativa, que teñen unha estratexia de negocio y que queren esa mesma iniciativa e implicación para a súa estratexia de comunicación. Persoas que buscan resultados concretos para ter a presenza en internet que lles beneficie. Persoas que tamén queren adquirir o coñecemento necesario para saber moverse pola rede por si mesmas. Creo sitios web que atraen ao teu público obxectivo. Sitios onde a usabilidade é un fin que ofrecer á túa audiencia, conseguindo así os vínculos que se requiren para que a túa marca persoal sexa valorada. Unha marca posicionada y preparada para avanzar polo seu camiño.

R/Travesía de Aguieira, 4, O Grove (Pontevedra)
Tlfn: 644889336

[{"razon_social":"Alberto Prieto Magdalena","enderezo_social":"R\/Traves\u00eda de Aguieira, 4","localidade":"O Grove","telefono":"644889336","latitud":"42.4968","longitud":"8.86757","nome_entidade":"dOM - dOutra Maneira"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • O Grove

Solución(s) TIC

Creación de sitios webs

Creo o sitio web que precisas para que chegues ao teu público e o seduzas coa túa proposta, facendo especial fincapé no rendemento, seguridade e funcionalidade do sitio, para que teñas que ocuparte só de amosar á túa clientela os beneficios de contar coa túa marca.

Creación e xestión de plataformas elearning

Creo e implemento a plataforma, xestiónoa e creo e desenvolvo os contidos formativos que precisas.

Moodle é o LMS máis utilizado no mundo da teleformación online. Robusto, flexible e cunha comunidade de persoal xestor, docente e técnico que dá soporte continuado. Pero non é a única, polo que se precisas doutra tamén poderás contar co servizo que ofrezo.

Creación de contidos formativos interactivos

As TIC permiten que ofrezas contidos máis alá dun simple pdf e texto con imaxes.

Creo os contidos formativos que buscas para dar ese salto de calidade: completos, interactivos, atractivos, estimulantes.
O teu alumnado non quererá facer cursos noutras plataformas docentes.

Presenza en internet

Creo a estratexia de comunicación que encaixa coa túa estratexia de negocio.
O sitio web é o elemento principal desa estratexia de comunicación, pero non o único que precisas para ter a presenza en internet que require o traballo diario da túa marca persoal.
Presenza nas redes sociais axeitadas, nos motores de busca, o marketing de contidos, etc. Debes ter en conta todos os elementos que poden axudarche a chegar á túa audiencia.