Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Desarrollo de software de xestión para empresas. Os produtos Verial están desenvolvidos coa última xeración de linguaxes que funcionan baixo a tecnoloxía de cliente ? servidor que proporciona o sistema de xestión de base de datos de Microsoft: SQL Server. Este é o sistema máis potente e escalable dentro do mercado de base de datos para a contorna Windows. Especialistas en: programas profesionais de xestión comercial, hostalería (aloxamento e restauración), librarías, carteira e contabilidade. sistemas de márketing e publicidade, creación de páxinas web e xestión da lei 15/99 de protección de datos. (LOPD) Todos os nosos produtos son modulares, o que permíte contratar unicamente os modulos que demande o seu negocio. Tendo a posibilidade de adquirilo en modo compra ou en modo aluguer. Os produtos Verial poden xestionarse desde a nube, permitindo acceder a estes desde calquera punto do planeta a través de Internet.

Rúa das Hedras, nº 2, 2ºA - Parque Empresarial Novo Milladoiro, Milladoiro-Ames (A Coruña)
Tlfn: 981536638

[{"razon_social":"Verinor Software, S.L.","enderezo_social":"R\u00faa das Hedras, n\u00ba 2, 2\u00baA - Parque Empresarial Novo Milladoiro","localidade":"Milladoiro-Ames","telefono":"981536638","latitud":"42.8489","longitud":"-8.58169","nome_entidade":"Verial Soft"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Milladoiro-Ames

Solución(s) TIC

Xestión Hoteleira

Verial Hotel / Restaurante é un ERP e PMS que permite xestionar todas áreas do seu negocio. É unha solución modular que investindo o xusto poderá cubrir a súa demanda, sexa un hotel vacacional, de congresos e eventos, un balneario, un spa ou un restaurante; a especialización de cada módulo daralle total control sobre cada área de traballo. Para hoteis individuais, grupos hostaleiros ou cadeas.