Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Empresa especializada no desenvolvemento de tecnoloxía para o sector da reciclaxe e a xestión de residuos. Entre os seus proxectos está o software de xestión integral para empresas xestoras de residuos Teixo, o portal Gestoresderesiduos.org, a plataforma GAIA de información ambiental da Xunta de Galicia ou o proxecto de concienciación cidadá Tropa Verde.

Praza Pascual Veiga nº 7 Entr. A, Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfn: 981523226

[{"razon_social":"Teimas Desenvolvemento, S.L.","enderezo_social":"Praza Pascual Veiga n\u00ba 7 Entr. A","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"981523226","latitud":"42.8714","longitud":"-8.56025","nome_entidade":"Teimas"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Santiago de Compostela

Solución(s) TIC

TEIXO, Software de Xestión para o sector Residuos ao alcance de todos

Teixo (http://teixo.es) é a primeira plataforma global dispoñible na rede Internet para o sector residuos. Os seus obxectivos son dous 1- Dotar a produtores, recolledores-transportistas e xestores de residuos as ferramentas precisas para unha correcta xestión dos seus residuos, optimizando a súa pegada ecolóxica 2- Creación dunha rede social sectorial, foro de coñecemento a nivel estatal e global no eido da xestión de residuos. 

Tropa Verde

Tropa Verde incentiva a reciclaxe mediante recompensas directas aos cidadáns que se preocupan pola contorna. Cada vez que unha persoa acode aos puntos habilitados para reciclar (Puntos Limpos, Centros Socioculturais..) recibe un cheque con estrelas que pode trocar nunha plataforma web polas distintas recompensas coa que os establecementos patrocinadores contribúen a esta nova e eficaz forma de mellorar a calidade ambiental. A web de Tropa Verde SCQ é www.tropaverde.gal