Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Strelia Electrotecnia desenvolve solucións de electrónica profesional en campos como as telecomunicacións, a oceanografía, as ciencias da terra, o control industrial e a eficiencia enerxética. Facemos os proxectos de I+D para os produtos encomendados, integramos a tecnoloxía axeitada e prestamos os servizos de enxeñaría electrónica e de telecomunicacións para a execución integral das solucións. A equipa da Strelia ofrece anos de experiencia e prestixio recoñecido no mundo do desenvolvemento electrónico e a oficina técnica de telecomunicacións. A actividade profesional que realiza Strelia Electrotecnia é: Desenvolvemento, fabricación, e implantación de produtos e sistemas electrotécnicos. Prestación de servizos de enxeñaría electrónica, eléctrica e de telecomunicacións. Aplicacións nos campos da telemetria, control industrial, náutica, produción agroforestal, ciencias da terra, eficiencia enerxética, iluminación, domótica, enerxías alternativas e transporte.

Rúa de Melide 11, 3B, Compostela (A Coruña)
Tlfn: 981558988

[{"razon_social":"Strelia Electrotecnia S. Coop. Galega","enderezo_social":"R\u00faa de Melide 11, 3B","localidade":"Compostela","telefono":"981558988","latitud":"42.8956","longitud":"-8.53339","nome_entidade":"Strelia Electrotecnia"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Compostela

Solución(s) TIC

Deseño electrónico a medida

A.- Industrialización de produtos
? Se tes un prototipo con módulos de HW libre e tes o teu firmware e software “pro”
? Necesitas produción industrial en series pequenas (3 uds) ou grandes (10K), obxectivos de custe, tempo de vida,  fiabilidade electrónica, baixo consumo...

B.- Hardware libre para o teu proxecto
? Tes un software ou outro sistema (p.ex mecánico) que precisa de elementos de electrónica
? Podemos resolver ese bloque cunha solución de HW libre

C.- Materializa a túa idea
? Se tes unha idea de produto
? Nós encargámonos do HW e do SW, somos o teu I+D
- especificacións e viabilidade técnica
- planificación do desenvolvemento
- xestión da produción
- convocatorias de innovación