Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Axudo a emprendedores coma ti ou a empresas como a túa a ter unha web profesional que voe, teña visibilidade e consiga clientes a través de internet. Unha web é a ferramenta ideal para trasladar ao mundo o que mellor sabes facer. Deseñareina para que a poidas xestionar de xeito sinxelo. Optimizareina para que sexa intuitiva e do gusto de Google. Engadirei velocidade e seguridade para que a túa máxima preocupación sexa o teu negocio, fiques contento e durmas tranquilo. Sen trampas. Personalizada para ti, sinxela e con extensións ilimitadas. Evolucionará e entrará nos teus esquemas de prezos! Achegarei todos os meus coñecementos. Direiche a verdade e trasladareiche a miña experiencia. Acompañareite durante todo o proceso e titorizarei a túa aprendizaxe para que sexas capaz de administrar a páxina por ti mesmo.

Av. Salvador de Madariaga, 73., A Coruña (A Coruña)
Tlfn: 678373399

[{"razon_social":"Av. Salvador de Madariaga, 73. 15008 - A Coru\u00f1a","enderezo_social":"Av. Salvador de Madariaga, 73.","localidade":"A Coru\u00f1a","telefono":"678373399","latitud":"43.345","longitud":"-8.40652","nome_entidade":"Anxo S\u00e1nchez"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • A Coruña

Solución(s) TIC

Wordpress

Wordpress é un sistema de xestión de contido incialmente enfocado á creación de blogues aínda que grazas aos innumerables complementos e extensións existentes pode considerarse un completo sistema de xestión de contidos. As causas do seu enorme crecemento son, entre outras, a súa licenza, a súa facilidade de uso e as súas características como xestor de contidos. Tamén unha das causas, é a súa enorme comunidade de desenvolvedores e deseñadores, que se encargan de crear plugins e themes para a comunidade. Distribúese con licenza GPL