Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Wireless Galicia é unha empresa de base tecnolóxica especializada no deseño e desenvolvemento de solucións integrais de conectividad inalámbrica e mobilidade, con especial atención aos campos do turismo, medioambiente e saúde. Desde os inicios os seus esforzos han ir dirixidos á xeración de coñecemento e tecnoloxía innovadora mediante a I+D+i. Esta experiencia permítelle actuar como socio tecnolóxico dos seus clientes, aplicando un modelo de innovación aberta e ofrecendo solucións de alto valor engadido para o seu negocio facendo uso das últimas tecnoloxías do mercado. Sobre esta base de coñecemento destaca a súa actividade na creación de destinos turísticos intelixentes, facendo uso de tecnoloxías NFC, QR, realidade aumentada e Web, como base para a difusión e posta en valor de recursos patrimoniais, ou a creación de solucións no ámbito do E-Health, aplicando tecnoloxías IoT, Big Data e sistemas de apoio á toma de decisión.

Rúa Colón 26 4ª Planta - Oficina 3, Vigo (Pontevedra)
Tlfn: 986113273

[{"razon_social":"Wireless Galicia, S.L","enderezo_social":"R\u00faa Col\u00f3n 26 4\u00aa Planta - Oficina 3","localidade":"Vigo","telefono":"986113273","latitud":"42.2369","longitud":"-8.72041","nome_entidade":"Wireless Galicia"},{"razon_social":"Wireless Galicia, S.L","enderezo_social":"Col\u00f3n 26 4\u00aa Planta - Oficina 3","localidade":"Vigo","telefono":"986113273","latitud":"42.2369","longitud":"-8.72041","nome_entidade":"Wireless Galicia"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Vigo
  • Vigo

Solución(s) TIC

iBeaken

iBeaken é un produto interactivo accesible a todo tipo de usuarios desde teléfonos móbiles intelixentes (Smartphones) que ofrece información multimedia en múltiples idiomas sobre calquera tipo de recurso: Obras de arte, edificios, monumentos, rutas, vistas, organizacións,...

iBeaken é un narrador que fai que coñezamos historias asociadas a lugares con notables detalles e anécdotas, dun modo infinitamente máis rico do que vén realizando a través de cartelaría, folletos, paneis, etc.

Funciona tanto en interiores como ao aire libre facendo uso de tecnoloxías inalámbricas (Wi-Fi, 3G ou GPRS) e é compatible con calquera teléfono intelixente que dispoña de navegador Web.

Cada punto de interese dispón dunha etiqueta asociada á información multimedia aloxada na nube (cloud computing) á que calquera Smartphone pode acceder de diversas formas:

  • Navegando por unha Web e introducindo un código alfanumérico.
  • Escaneando un código QR
  • Utilizando a tencoloxía NFC (Near Field Communication)
  • Usando realidade aumentada

IBeaken dispón ademais dun xestor de contidos amigable e intuitivo, de tal forma que a carga e actualización de material multimedia pode ser realizada integramente polo organismo encargado de xestionar eses recursos, sen requirir dos nosos servizos e reducindo os custos de mantemento da solución.

QR-TOC

O produto QR_TOC propón a utilización das tecnoloxías móviles e códigos QR, como nova canle de difusión, comunicación e fidelización de clientes para as empresas comercializadoras de produtos envasados.

O obxectivo principal de QR-TOC é prover ás empresas dunha ferramenta Web na nube desde a que xestionar información de produto e dirixila aos seus clientes a través de códigos QR, ao mesmo tempo que obteñen o seu feedback.

Está especialmente orientada a aquelas compañías do sector alimentario que ofrecen produtos onde a orixe e a calidade representan un factor diferencial con respecto a outras marcas.