Acceder al contenido principal

Provedor TIC

PEXEGO SISTEMAS INFORMÁTICOS S.L é un spin off da Universidade de Santiago de Compostela e nace como unha IEBT (Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica); cualificada pola Xunta de Galicia, desenvolve a súa actividade no ámbito das novas tecnoloxías da información e a comunicación, e céntrase en tres liñas de negocio ben diferenciadas: ? Aplicacións en software libre a medida para empresas, sobre todo en soporte online (ERPs, comercio electrónico, xestión, etc). ? Proxectos de e-learning e materiais multimedia formativos e divulgativos ? Simuladores sociais, industriais e de proceso on-line/off-line. Nos últimos anos PEXEGO apostou polo sóftware libre como elemento clave no desenvolvemento dos seus produtos e participan así no desenvolvemento de código libre no marco da sociedade do coñecemento.

Avenida de Magoi 66, Lugo (Lugo)
Tlfn: 982801517

[{"razon_social":"Pexego Sistemas Inform\u00e1ticos sl","enderezo_social":"Avenida de Magoi 66","localidade":"Lugo","telefono":"982801517","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"Pexego"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Lugo

Solución(s) TIC

Catálogo de pedidos on e off line

Con esta ferramenta ambivalente (ON e OFF-line) búscase facilitar o labor profesional do comercial dunha empresa de tal forma que entregue nas súas visitas unha ferramenta (en formato CD-ROM, parte off-line) tanto de consulta de todos os produtos da empresa como de xestión de pedidos co fin de axilizar as peticións de ditos produtos conseguindo así ampliar as vendas. O cliente terá nas súas mans unha ferramenta interactiva e sen necesidade de coñecementos informáticos - máis alá dos básicos para os empregados de calquera empresa - con ela poderá consultar ou xerar pedidos cunha simple conexión a internet no ordenador do cliente ou ben imprimir o pedido, que sae en formato Fax e envialo. Ao mesmo tempo esta ferramenta colocarase en Internet (on-line) ?tal cal?, sen modificacións no servidor web, co sitio web que xa teña por defecto ou ben sendo esta aplicación en si o seu sitio web.

OpenERP

Open ERP é un sistema que combina as funcionalidades dun sistema ERP e un CRM. Ten compoñentes separados en esquema Cliente-servidor. Dispón de interfaces XML-RPC, e SOAP. Entre as súas características están a contabilidade analítica, contabilidade financeira, xestión de almacéns/inventario, xestión de vendas e compras, automatización de tarefas, campañas de mercadotecnia, axuda técnica (Helpdesk), e punto de venda. Dentro da construción mesma do software faise uso intensivo de fluxos de traballo que se poden integrar cos módulos facendo a modificación de aprobación e en xeral de calquera proceso adaptable. Emprega Postgresql como Sistema manexador de bases de datos e foi programado con Python, o cal permite que a súa adecuación e implantación sexa limpa e poida ter unha curva bastante menor que outras solucións. OpenERP coñecíase anteriormente como TinyErp. Distribúese con licenza GPL.

Socialize

É un produto de rede social para facilitar o networking e o intercambio de información. Distribúese con licenza BSD.

TimeCTL

Programa de xestión de tempos de proxectos con imputación de gastos directos, xeración de informes e estatísticas. Distribúese con licenza BSD.

Xestor Interno e web de venda de inmobles ou vehículos

Con esta ferramenta un negocio pode rexistrar os seus inmobles ou vehículos nun xestor online interno e publicalos directamente ou non nun portal web. Ten mesmo un xestor para que particulares tamén publiquen no dito portal web externo co fin de facer máis popular a ferramenta.