Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Queres é unha consultora en tecnoloxías da información especializada no desenvolvemento de software. O seu enfoque, pragmático e innovador, en todas e cada unha das fases do desenvolvemento maximiza a inversión e garante a calidade dos produtos obtidos. Queres especializouse na implantación, desenvolvemento de solucións e servizos vinculados á xestión documental, especialmente con Alfresco pero tamén con outros produtos Open Source e a Dirección de proxectos de TI.

Rúa Vulcano nº1, Oleiros (A Coruña)
Tlfn: 981909010

[{"razon_social":"Queres Tecnolog\u00edas S.L.","enderezo_social":"R\u00faa Vulcano n\u00ba1","localidade":"Oleiros","telefono":"981909010","latitud":"","longitud":"","nome_entidade":"Queres Tecnolog\u00edas S.L."}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Oleiros

Solución(s) TIC

Alfresco

Alfresco é un Xestor de Contidos Empresarial (ECM) que entre outras funcionalidades inclúe unha completa solución de Xestión Documental que automatiza a captura, xestión, almacenamento e preservación de contidos e documentos relacionados cos procesos da súa organización. Trátase da solución de xestión documental líder do mercado en software libre. Os traballadores da súa empresa poden pasar un 25% do seu tempo de traballo buscando información. Así mesmo, o 40% dos empregados quéixanse de que non poden encontrar a información que necesitan para realizar as súas tarefas cotiás. Para ser produtivos, os traballadores deben ter á súa disposición unha ferramenta que lles permita encontrar os datos clave da súa organización rapidamente. Esta ferramenta é Alfresco. É un aplicativo multiplataforma cun alto grao de modularidade e escalabilidade. O seu modelo aberto fai que as contribucións da comunidade configuren un produto moi competitivo e en continuo cambio. Ademais da Xestión Documental, Alfresco cobre moitas outras funcionalidades de xestión empresarial como a Xestión de Contidos Empresariais, Traballo Colaborativo, Xestión de rexistros, Xestión do coñecemento, Xestión de contidos Web e Xestión de imaxes. Distribúese baixo licenza GPL

Liferay

A incorporación de novas tecnoloxías na empresa permite xerar información moi valiosa. Pero esta información só resulta de utilidade se se xestiona coas ferramentas axeitadas.

Magento

Magento é unha plataforma web de comercio electrónico. Esta plataforma proporciona a escalabilidade, flexibilidade e funcionalidades para acompañar ás empresas no seu crecemento. Ofrece ás empresas un gran control sobre o contido, a presentación e as funcionalidades da súa canle comercial en liña. Posúe un panel de administración moi amigable e intuitivo que permite unha xestión integral da tenda online sen posuír maiores coñecementos técnicos. Características xerais: administración do sitio, promocións e ferramentas de márketing, posibilidade de internacionalización (multiidioma) da tenda, pagos en liña, administración de catálogos, etc. Destaca por ter unha estrutura interna limpa que favorece o posicionamento en buscadores. Magento ten como punto forte a creación de múltiples tendas dende unha mesma interface de administración. A interface de administración é unha das máis completas dispoñibles no mercado. A integración dos deseños gráficos elaborados polos profesionais faise dunha forma limpa e sinxela. Magento distribúese con licenza OSL.

Ephesoft

Plataforma de Captura Inteligente de Documentos. Empleando técnicas de OCR permite la clasificación y extracción de información de documentos en papel a través de técnicas totalmente automáticas.