Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Consultoría especializada en Administración de Sistemas Informáticos baseados en GNU/Linux. Monitorizamos e xestionamos pequenas e grandes flotas de equipos dun xeito automatizado con tecnoloxías probadas e implantadas no proxecto da rede CeMIT (1.500 ordenadores) e no proxecto Abalar (75.000 ordenadores). Temos un servizo de mantemento integral tanto para equipos persoais (PCs) como servidores cuns niveis de servizo garantidos polos nosos Sistemas Integrais de Xestión.

Rúa Uruguai 8, 5º andar, Ofic. 8, Vigo (Pontevedra)
Tlfn: 886122307

[{"razon_social":"Control Suprimir, s.l.u.","enderezo_social":"R\u00faa Uruguai 8, 5\u00ba andar, Ofic. 8","localidade":"Vigo","telefono":"886122307","latitud":"42.2365","longitud":"-8.7194","nome_entidade":"Librebit"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Vigo

Solución(s) TIC

Implantación das TIC en centros educativos

Servizos informáticos nos centros educativos con sistemas heteroxéneos (Windows/Linux). Monitorización e xestión automatizada de flotas de equipos (dende decenas ata miles) tanto servidores como ordenadores persoais.

Tecnoloxía empregada no despregue e mantemento do proxecto Abalar da Xunta de Galicia (75.000 ordenadores) e na Rede CeMIT (1.500 ordenadores).

Implantación das TIC en Pemes

Servizos informáticos nas pemes con sistemas heteroxéneos (Windows/Linux). Monitorización e xestión automatizada de flotas de equipos (dende decenas ata miles) tanto servidores como ordenadores persoais.

Tecnoloxía empregada no despregue e mantemento do proxecto Abalar da Xunta de Galicia (75.000 ordenadores) e na Rede CeMIT (1.500 ordenadores).

OwnCloud, almacenamento na nube

  • Sincronización de ficheiros entre múltiples dispositivos:
    • Xestión avanzada de permisos para compartir documentos (ligazóns privadas, públicas, protexidas por contrasinal, data de caducidade, etc).
    • Compartición de ficheiros entre servidores sincronizados.
    • Control das versións dos documentos.
    • Recuperación de ficheiros eliminados.
    • Cifrado de ficheiros.
    • Xestión de cotas de usuarios.
  • Contactos e calendarios
    • Múltiples axendas de contactos para diferentes usos.
    • Múltiples calendarios para compartición de eventos por usuarios e grupos.
    • Sincronización con dispositivos mediante estándares CarDAV e CalDAV.
  • Edición de documentos de texto en liña
    • En particular os documentos de texto, co formato ODF (Open Document Format). Tamén soporta os documentos de Word.
  • Marcadores
    • Creación e xestión dun xeito centralizado.
  • Notificacións de actividade nos ficheiros.
    • Pódese ter un rexistro das modificacións realizadas nos documentos.
  • Visualización adaptada a dispositivos móbiles

A isto hai que sumarlle o excelente nivel de servizo e de xestión de incidentes que temos actualmente implantado na compañía co que damos resolución a calquera problema ou petición que teña o cliente. Sempre debe ter a súa información con plenas garantías de seguridade:

  • Dispoñible as 24 horas, os 365 días do ano.
  • Íntegra e sen erros.
  • Dun xeito Confidencial.

Máis información en Owncloud.org

LibreOffice

LibreOffice é a suite libre máis potente para produtividade persoal para Windows, Macintosh e Linux, que lle dá 6 aplicativos ricos en funcionalidades para todas as súas necesidades de produción de documentos e procesamento de datos: procesador de texto (Writer), presentacións (Impress), folla de cálculo (Calc), debuxo vectorial (Draw), base de datos (Base), editor de fórmulas matemáticas (Math). A principal vantaxe desta suite ofimática é que traballa co formato OpenDocument (ODF), único estándar aberto para o almacenamento de documentos ofimáticos como follas de cálculo, textos, gráficos e presentacións. Tamén incorpora filtros para a importación de ficheiros con formatos .doc ou .docx e outros e para exportación a .pdf e outros. LibreOffice é o proxecto que dende setembro de 2010 comezou a desenvolverse a partir da versión OpenOffice 3,2 integramente pola comunidade baixo so auspicios de The Document Foundation. Distribúese con licenza LGPL.

Nextcloud, almacenamento na nube

  • Sincronización de ficheiros entre múltiples dispositivos
    • Xestión avanzada de permisos para compartir documentos (ligazóns privadas, públicas, protexidas por contrasinal, data de caducidade, etc).
    • Compartición de ficheiros entre servidores sincronizados.
    • Control das versións dos documentos.
    • Recuperación de ficheiros eliminados.
    • Xestión de cotas de usuarios.
    • Etiquetado e comentarios dos ficheiros.
  • Seguridade e control da información
    • Acceso posible mediante 2FA (segundo Factor de Autenticación).
    • Múltiples capas de protección.
    • Bloqueo dos accesos por Forza Bruta.
    • Cifrado de ficheiros.
    • Notificacións de actividade nos ficheiros. Pódese ter un rexistro das modificacións realizadas nos documentos.
  • Aplicacións para móbiles/tablets e ordenadores persoais.
  • Xestión dos almacenamentos externos:
    • Amazon S3
    • Google Drive
    • Dropbox
    • (S)FTP
    • WebDAV
    • SMB/CIFS/Windows Network Drive
    • OpenStack Object Storage (Swift)
  • Contactos e calendarios
    • Múltiples axendas de contactos para diferentes usos.
    • Múltiples calendarios para compartición de eventos por usuarios e grupos.
    • Sincronización con dispositivos mediante estándares CarDAV e CalDAV como Thunderbird.
  • Video-Audioconferencias seguras
    • Empregando tecnoloxía WebRTC e o servizo Spreed.ME
  • Edición de documentos en liña
    • Múltiples formatos soportados:
      • DOC, DOCX, PPT, PPTX, XLS, XLSX
      • ODF, ODS, ODP
      • Visio (só lectura), Publisher, + 100 máis.
    • Entorno WYSIWYG
    • Edición compartida
  • Máis funcionalidades a través dos engadidos e aplicacións externas.

A isto hai que sumarlle o excelente nivel de servizo e de xestión de incidentes que temos actualmente implantado na compañía co que damos resolución a calquera problema ou petición que teña o cliente. Sempre debe ter a súa información con plenas garantías de seguridade:

  • Dispoñible as 24 horas, os 365 días do ano.
  • Íntegra e sen erros.
  • Dun xeito Confidencial.

Máis información en Nextcloud.com