Acceder al contenido principal

Provedor TIC

Avansig é unha empresa especializada na enxeñería do software que nace co obxectivo de ofrecer, á administración e empresas, servizos de consultaría tecnolóxica e desenvolvemento de software a medida baseados en tecnoloxías SIX (Sistemas de Información Xeográfica) e FOSS (Free and Open Source Software). O principal obxectivo da nosa empresa é desenvolver e propoñer aos nosos clientes solucións avanzadas en tecnoloxías da información e as comunicacións, co fin de mellorar os seus procesos de negocio e aportar carácter diferenciador aos seus produtos. A actividade de Avansig está orientada ao desenvolvemento de software a medida, a I+D+I e a prestación de servizos dentro do campo das tecnoloxías SIX. Este campo, en constante crecemento e renovación, ten como principais clientes a administracións e empresas que utilizan as tecnoloxías SIX para incrementar e mellorar os seus procesos e capacidade de xestión, incrementar as súas ventas, aforrar custos e mellorar a súa competitividade

Campus de Elviña, s/n, A Coruña (A Coruña)
Tlfn: 881872070

[{"razon_social":"Avansig S.L.L.","enderezo_social":"Campus de Elvi\u00f1a, s\/n","localidade":"A Coru\u00f1a","telefono":"881872070","latitud":"43.3329","longitud":"-8.40839","nome_entidade":"Avansig"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • A Coruña

Solución(s) TIC

CoreSIG

Sistema de Información Xeográfica (SIX) para a consulta, xestión e explotación de bases de datos cartográficas corporativas. Permite organizar os recursos cartográficos nun repositorio centralizado e subministrar información xeográfica a todos os integrantes da organización e a todos os niveis: operativo, táctico e estratéxico.

As aplicacións SIX Corporativas desenvolvidas co framework CoreSIG distribúense con licenza GNU/GPL (http://www.gnu.org/copyleft/gpl.html).

Pode acceder á páxina do proxecto a través da seguinte URL: http://www.avansig.com/productos/coresig-2/

csUrbanismo

Sistema de Información Xeográfica (SIX) deseñado para cubrir as necesidades dos equipos especializados en urbanismo e ordenación territorial durante a redacción de plans de ordenación urbanística. Permite sistematizar as fases de Información e Ordenación Urbanística, reducindo drasticamente o esforzo necesario para a execución de proxectos de ordenación territorial. Distribúese con licenza GNU/GPL (http://www.gnu.org/copyleft/gpl.html). Pode acceder á páxina do proxecto a través da seguinte URL: http://www.avansig.com/csurbanismo-3/

csEIEL

Sistema de Información Xeográfica (SIX) deseñado para a elaboración, mantemento e explotación dos datos da EIEL (Enquisa de Infraestrutura e Equipamento Local). Implementa unha metodoloxía para a realización da EIEL que abarca todo o ciclo de vida do proxecto. Distribúese con licenza GNU/GPL (http://www.gnu.org/copyleft/gpl.html). Pode acceder á páxina do proxecto a través da seguinte URL: http://www.avansig.com/productos/cseiel-2/

WebSIG

WebSIG é un Sistema de Información Xeográfica deseñado para a publicación de información en Web seguindo os estándares do Open Geospatial Consortium (OGC) e as recomendacións da directiva europea INSPIRE (Infrastructure for Spatial Information in Europe). WebSIG ofrece aos usuarios funcionalidades para acceder a mapas interactivos, buscar e consultar información ou descargar mapas, fichas e informes en formato PDF. O sistema ofrece acceso seguro e rápido á información sen necesidade de instalar ningún software adicional, simplemente utilizando un navegador Web. A través de webSIG, as organización poderán publicar a información xeográfica que desexen, facéndoa máis accesible aos usuarios, e compartirla, a través de infraestructuras interoperables, coa máxima actualidade, fiabilidade e eficiencia.

City Juice

City Juice é unha plataforma Smart City que integra diferentes tecnoloxías (SIX, Web, Mobile, Social) para ofrecer servizos innovadores a cidadáns e turistas.

A través de sistemas de xeolocalización e realidade aumentada optimiza a xestión dos servizos públicos, acompaña aos turistas na súa viaxe e conecta aos visitantes cos comercios locais. Pode acceder á páxina do proxecto facendo click aquí.