Acceder al contenido principal

Descrición

A solución personalizada de Digital Signage ou Cartelaría Dixital desenvolvida por JALSISTEMAS baséase nun software propio creado en función das necesidades e características propias do medio onde se vai a implantar, permitindo a distribución e emisión de contidos desde un punto central (Servidor de Contidos) aos diferentes puntos de emisión.

Ao ser un software desenvolvido íntegramente polo departamento informático de JALSISTEMAS, permite a creación de solucións únicas co fin de aproveitar ao máximo os medios dispoñibles polo cliente e por en valor os seus propios contidos.

Este software encárgase por unha parte da reprodución de contidos e a distribución destes e, por outra, das tarefas de control de emisión (xeración das listas de reprodución, estado do punto de emisión, horario de fin de emisión,...). Todo iso desde un sinxelo entorno web, que facilita todas estas tarefas.

O reproductor de contidos permite reproducir vídeos, imaxes e fontes RSS.

Se tes os teus propios contidos ponos en valor e se non JALSISTEMAS encárgase de producir estes contidos para a súa empresa.

Existe una gama ampla de posibles aplicacións tanto para o uso interior, como o uso exterior de Taboleiro DS V.1.2

No interior de empresas, tendas, grandes superficies, centros comerciais, centros de congresos onde poder emitir e amosar contidos que chamen a atención de clientes ou usuarios, mostrando aos presentes produtos e contidos dunha forma atractiva e dinámica mellorando así a comunicación entre marca, expositores e o consumidor final.

Outro exemplo de aplicación sería o establecemento dunha rede de pantallas para un congreso (onde incluiría desde pósters dixitais, información relativa ao programa do congreso e mesmo cabe o planteamento dunha TV corporativa de emisión do evento). Desde a central se realiza a xestión e a distribución do contido que sae nas pantallas de cada sala ou ubicación. Todas as pantallas poden amosar o mesmo contido ou diferente, en función da ubicación dos puntos de emisión.

Unha vantaxe evidente é que o sistema Digital Signage permite reaccionar con máis flexibilidade ás necesidades de cada negocio. Non existe un límite de lugares onde se pode aplicar a tecnoloxía de Taboleiro DS V.1.2. Practicamente en todos os sitios onde se necesita promocionar un produto ou evento, podemos mellorar a comunicación co cliente ou asistente dun determinado acto, dunha maneira elegante e visual, á vez que é posible reducir gastos usando o sistema Digital Signage de JALSISTEMAS.

 

Prezo:
Nº de implementacións:

Caso(s) de éxito

  • Administración pública (1)

Provedor TIC

C.T.S.S JALSISTEMAS, S.L

C/ Miguel Servet, 20 Bajo Dcha., A Coruña (A Coruña)
Tlfn: 881897005

[{"razon_social":"C.T.S.S JALSISTEMAS, S.L","enderezo_social":"C\/ Miguel Servet, 20 Bajo Dcha.","localidade":"A Coru\u00f1a","telefono":"881897005","latitud":"43.376","longitud":"-8.39684","nome_entidade":"C.T.S.S JALSISTEMAS, S.L"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • A Coruña