Acceder al contenido principal

Descrición

As bundle apps son aplicacións contedoras de contidos diversos. Por exemplo, imaxínate que es unha editorial de libros de cociña e queres facer unha versión interactiva dunha colección de libros de distintos países. Cada obra (Cociña Thai, Cociña Española, Cociña Xaponesa, ...) sería un novo servizo que poderías ofrecer dende o marketplace que ven integrado dentro da bundle app. Así, poderías comezar cunha oferta de 2 ou 3 libros interactivos e ir ampliando o catálogo ó longo do tempo. Ademais poderías avisar ós usuarios dos novos contidos mediante notificacións push.

Grazas a integración con ferramentas de analítica tamén poderías saber que títulos son os máis exitosos, e incluso que receitas son revisadas e compartidas con máis frecuencia. Este coñecemento adquirido poderíase empregar á hora de crear novas obras.

Este é un servizo especialmente deseñado para organizacións que queren ofrecer contidos e servizos novos a través de smartphones de forma recorrente.

Os principais beneficios das Bundle Apps son:

  • Ó agrupar os servizos da túa marca nunha única app, aforraras en gastos de mantemento.
  • Evitarás retrasos debidos ós períodos de validación dos markets de aplicacións.
  • Á hora de lanzar servizos novos non partiras de cero, aproveitarás o alcance que che brinda a túa comunidade actual de usuarios.
  • Concentrarás a túa inversión promocional, obtendo un maior alcance para todos os teus servizos.
  • Ofrecerás unha imaxe unificada para os teus servizos.
  • Poderás combinar servizos gratuítos con outros de pago nun mesmo marketplace exclusivo para a túa marca.

En resumen, cunha única aplicación terás unha canle de distribución propia, na que ir ofrecendo novas obras sen precisar lanzar aplicacións novas.

Outros exemplos poderían ser guías turísticas, ou aplicacións de gobernanza para concellos, nos que a través dunha mesma aplicación poden ofrecer servizos como rutas por puntos de interese, información de tráfico, ofertas de emprego, etc. É dicir créase un único punto de acceso dende o cal os cidadáns poderán acceder a tódolos servizos do seu concello.

Prezo:
Nº de implementacións:

Provedor TIC

Ubiplay Mobile

Brans de Abaixo 24, Brión (A Coruña)
Tlfn: 665262918

[{"razon_social":"Ubiplay Mobile SL","enderezo_social":"Brans de Abaixo 24","localidade":"Bri\u00f3n","telefono":"665262918","latitud":"42.8732","longitud":"-8.66707","nome_entidade":"Ubiplay Mobile"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Brión