Acceder al contenido principal

Descrición

Trátase dun servizo especialmente deseñado para pór en valor espazos de interese.

Facilítalle ós usuarios o acceso á información xeolocalizada relativa a puntos de interese ou servizos e permite construír rutas personalizadas e dinamizar a experiencia a través de xincanas e xogos para teléfonos móbiles.

Conta cunha interface totalmente adaptable ás necesidades de calquera tipo de usuario (novos ou persoas maiores). A través dela os lugares adquiren significados novos mediante a asociación dun conxunto de información multimedia  tales como audio, vídeos, textos ou retos que permiten que o usuario se entreteña ó mesmo tempo que aprende cousas sobre o lugar que visita.

Para que?

Trátase de aportar información relevante no lugar e momento axeitado, é dicir, o usuario demándaa e polo tanto outórgalle atención.

Coa nosa solución dotamos de contexto interactivo eses puntos de interese dunha forma sostible (non é preciso engadir carteis físicos xa que a aplicación detecta automaticamente que o usuario se atopa no punto de interese), sempre dispoñible e actualizada.

Máis ala da faceta informativa, a nosa solución permite xerar unha historia que será vivida en tempo real. Para elo enlázanse distintos puntos de interese mediante xogos, contidos multimedia ou interaccións con outros usuarios. Estas historias xeran unha experiencia máis completa e inmersiva que o motivan a seguir descubrindo o lugar que visita.

Para quen?

  • Concelleiras de Turismo, Museos ou Institucións que queren pór en valor un conxunto de puntos de interese ou diferenciarse doutros destinos.
  • Hoteis que queren pór en valor o seu entorno, establecer sinerxías con outros establecementos da súa zoa e crear un vínculo permanente cos seus hóspedes
  • Calquera asociación que queira pór en valor unha determinada rexión ben sexa pola súa riqueza gastronómica, vitivinícola, turística, etc

Prezo:
Nº de implementacións:

Caso(s) de éxito

  • Administración pública (1)

Provedor TIC

Ubiplay Mobile

Brans de Abaixo 24, Brión (A Coruña)
Tlfn: 665262918

[{"razon_social":"Ubiplay Mobile SL","enderezo_social":"Brans de Abaixo 24","localidade":"Bri\u00f3n","telefono":"665262918","latitud":"42.8732","longitud":"-8.66707","nome_entidade":"Ubiplay Mobile"}]

O provedor ten as seguintes sedes:
  • Brión