Acceder al contenido principal

FOGA

FOGA - Fornecementos Galegos, S.L., nace en 1.995 cando se establece en Santiago de Compostela un grupo de traballo creado polo seu actual Conselleiro Delegado e Socio Fundador Manuel Calvo Suárez co fin de desenvolver un sólido proxecto de servizos e solucións en reprografía e informática dirixido ao mundo empresarial. MISIÓN - FOGA defínese como unha compañía estratéxica de solucións integrais enfocada a Pymes, profesionais liberais e Administracións Públicas para satisfacer as súas esixencias coa mellor infraestrutura. FOGA quere ser recoñecida a través da procura do compromiso e da calidade dos nosos produtos e servizos de alto valor engadido nas áreas de Reprografía, Informática e Redes, Dixitalización, Xestión Documental e Comunicación e Marketing. VISIÓN - Converternos nun valor de marca recoñecible para os nosos clientes é a nosa máxima. Ser o mellor partnert para todos os nosos clientes. VALORES - O que máis destacamos do noso modelo de negocio : Puntualidade, Solvencia e Eficacia. En FOGA sentímonos representados polo noso eslogan, mellorar nos valores que máis aprecian os nosos clientes e que maior satisfacción ofrecen. O gran potencial de FOGA e nosa sólida estrutura permítennos proporcionar ese plus cualitativo que achega beneficios tanxibles. Os nosos servizos e produtos pretenden satisfacer as necesidades produtivas en todos os ámbitos do documento e da comunicación. Solucións Reprográficas: - Equipos Reprográficos e Gran Formato - Xestión de custo por páxina - Plans de Aforro en impresión a medida Solucións Informáticas e de Redes: - Auditoría Informática e de Rede - Venda, instalación e mantemento de ordenadores e servidores - Solución Educativas de Xestión de Aula, Samsung School Solucións de Dixitalización: - Equipos profesionais de captura: escáneres, etc. - Laboratorio para o tratamento das imaxes, conversión de documentos en arquivos dixitais para a súa preservación - Proxectos de dixitalización a medida Solucións de Xestión Documental: - Software Docuware, ferramenta de Work Flow - Servizo de Consultoría para a realización de todos os proxectos - Automatización de xestión de documentos desde dispositivos dixitais Solucións de Comunicación e Marketing: - Deseño e desenrolo web, Apps e Marketing e Venda Online - Cartelería dixital e Sistemas de fidelización

Actualizado o: 27-01-2015

[{"razon_social":"FORNECEMENTOS GALEGOS S.L.","enderezo_social":"V\u00eda Pasteur 32, Pol\u00edgono do Tambre","localidade":"Santiago de Compostela","telefono":"981519670","latitud":"42.9134","longitud":"-8.52525"}]

Vía Pasteur 32, Polígono do Tambre
Santiago de Compostela (A Coruña)

Tlfn: 981519670
Fax: 981557589