Acceder al contenido principal

Egalcom

Egalcom nace en marzo de 2004 co obxectivo de ofrecer asesoramento especializado ao tecido comercial e empresarial no ámbito das telecomunicacións e a informática, involucrándose no deseño, implantación e mantemento de solucións a medida das necesidades de cada cliente. Coa especialización e a implantación dos sistemas informáticos, a empresa situouse no campo do desenvolvemento de solucións avanzadas de sóftware libre, cun equipo de consultores e desenvolvedores con experiencia e formación en tecnoloxías de última xeración. A empresa prové de todo tipo de solucións, tanto a clientes privados como a administracións, e comercializa a implantación dos seus produtos de sóftware libre máis implantados e utilizados como DeporXest, Xerpa, Teveos ou Evoa. Cunha experiencia contrastada e un portfolio de clientes moi selecto, Egalcom consolidouse como unha das empresas de sóftware libre máis activas de Galicia, se necesita unha solución informática Egalcom pode axudarlle. O coñecemento a fondo do traballo dos seus clientes é a garantía do seu éxito.

Actualizado o: 24-01-2012

[{"razon_social":"Egalcom","enderezo_social":"Avda de Algeciras 39 Entlo","localidade":"Neda","telefono":"902998518","latitud":"","longitud":""}]

Avda de Algeciras 39 Entlo
Neda (A Coruña)

Tlfn: 902998518
Fax: 902998518