Acceder al contenido principal

SocialWire Labs

SocialWire Labs é unha spin-off ou EBT da Universidade de Vigo, nacida no seo do Laboratorio de Redes do Dpto. de Enxeñería Telemática. SocialWire Labs comercializa plataformas educativas e contornos de aprendizaxe social, aplicadas en toda a súa extensión á educación e a formación en xeral en todas as súas modalidades (presencial, semipresencial ou non presencial,,,,0,1,0,4), á aprendizaxe, tanto formal como informal, ao traballo e comunicación en grupos, e á xestión do coñecemento e o talento dentro dunha empresa ou organización. O seu produto de referencia é unha plataforma de e-learning con tecnoloxía de rede social, baseada no núcleo do proxecto de código aberto Elgg, pero que incorpora numerosas solucións desenvolvidas por eles especificamente para a formación, a aprendizaxe formal e informal e para servir de soporte á xestión do coñecemento. En particular, desenvolven a integración con Moodle, o que permite dotar a esta última da compoñente social e posibilidades da aprendizaxe informal das que carece. A súa plataforma é apta tamén para a comunicación interna (á empresa) e externa (relación con clientes e outras empresas e provedores) e para o traballo colaborativo dentro dunha empresa ou organización. Outra posibilidade da plataforma é a construción de tendas on-line especializadas nalgunha temática (libros, música, etc,) cunha importante compoñente de rede social ao seu arredor.

Actualizado o: 23-01-2012

[{"razon_social":"SocialWire Labs","enderezo_social":"R\u00faa Rosal\u00eda de Castro, 30, 8\u00ba B","localidade":"Vigo","telefono":"986812176","latitud":"","longitud":""}]

Rúa Rosalía de Castro, 30, 8º B
Vigo (Pontevedra)

Tlfn: 986812176
Fax: -