Acceder al contenido principal

PRESENTACION

Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galiciaen diante MapaTIC.gal, é unha iniciativa enmarcada na Axenda Dixital 2014.gal, concretamente no programa correspondente ao Centro Demostrador TIC dentro do eixe de actuación economIC-T  “Empresa dixital e innovadora”.
 
O Centro Demostrador TIC e xunto con él, o MapaTIC.gal, son instrumentos para acadar o obxectivo marcado por economIC-T, conseguir empresas galegas máis dixitais, competitivas, innovadoras a través do uso efectivo das Novas Tecnoloxías e así contribuír á creación de emprego e o crecemento sustentable de Galicia. 

O MapaTIC.gal, nace co obxectivo de constituír unha plataforma web que sirva de punto de encontro virtual entre os diferentes actores que participan na Oferta-Demanda Tecnolóxica de Galicia, así como, unha ferramenta de referencia para o Centro Demostrador TIC de Galicia de cara a identificar provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia alén de potenciais demandantes de tecnoloxía.


MISIÓN

  1. Mellorar a visibilidade dos provedores, solucións e capacidades tecnolóxicas de Galicia
  2. Facilitar a transferencia de tecnoloxía e de coñecemento dentro do Sector TIC e, entre este e o resto dos sectores empresariais
  3. Potenciar a competitividade do Sector TIC galego, na medida que canaliza a oferta e a demanda das empresas
  4. Promocionar oportunidades de negocio TIC locais, na medida que facilita a identificación de provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia segundo as necesidades concretas das empresas
 
SE ES DEMANDANTE TECNOLOXÍA
Como participar
Crear un rexistro cos datos da miña empresa
Publicar demandas tecnolóxicas
Beneficios
-Acceder a información detallada e actualizada de provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia, onde quera e cando quera, e a través de un único punto de entrada á información.
-Identificar ao provedor tecnolóxico máis cercano e a solución tecnolóxica que mellor se adapte as necesidades reais do meu negocio, con independencia do meu tamaño ou sector.
- Abrir canles de comunicación con aqueles provedores tecnolóxicos que respondan ou amosen interese nas demandas tecnolóxicas que teño publicadas.
- Coñecer as solucións tecnolóxicas máis innovadoras para o meu sector de actividade e cal é o seu grao de implantación.
- Coñecer outras empresas reais que supoñan Casos de Éxito de implantación de Novas Tecnoloxías: cal foi a necesidade que levou ao empresario a implantar a solución e que beneficios lle reportou.
Comparar solucións tecnolóxicas, prezos, utilidades para o negocio, número de veces que foi implantada, casos de éxito… dentro do meu sector ou doutros sectores.
Mellorar a miña comprensión e coñecemento relativos as novas tecnoloxías, a través dun glosario tecnolóxico, cunha linguaxe sinxela e un enfoque práctico, exemplos de solucións tecnolóxicas…

SE ES PROVEDOR TIC
Como participar
Crear un rexistro cos datos da miña empresa
- Publicar demandas tecnolóxicas
- Respondendo demandas tecnolóxicas
Beneficios
- Visibilidade para a miña empresa, as miñas capacidades e os meus produtos e servizos, mediante unha descrición detallada e casos prácticos de proxectos realizados.
- Coñecemento de potenciais demandantes das miñas solucións tecnolóxicas.
- Oportunidades de negocio e colaboración locais con posibles demandantes de tecnoloxía ou outros provedores TIC galegos.
- Posibilidades de innovación desenvolvendo novos produtos e servizos adaptados ás necesidades tecnolóxicas que demanda o mercado galego
- Abrir canles de comunicación con os demandantes que publiquen necesidades tecnolóxicas nas que estou interesado.
- Coñecemento de provedores especializados en tecnoloxías nas que estou interesado, colaboro ou compito.
- Participar nas actividades organizadas polo CDTIC ou a baixo petición de demandantes de tecnoloxía, realizando demostracións prácticas das miñas solucións e entrando en contacto directo con posibles demandantes ou colaboradores.
- Posibilidade de actualizar os meus datos, onde quera e cando quera.